Vistas de página en total

jueves, 17 de noviembre de 2011

SD Pazos - Bembrive FS

Este sabado as 19 horas visita o Municipal de Pazos o Conxelados Almar  Bembrive FS, tratase do lider do grupo, e probablemente o mellor equipo da categoria,xa que o ano pasado foi o campion, e tan so un apretado play-off o deixou sen o un moi merecido ascenso.
No Bembrive xoga xente historica da division de honra como Pitu ou Cameselle, os cales estan mesturados con alguns dos xogadores con mais presente e futuro do futbol sala vigues como son Perlita, Jacobo ou Mario entre outros.

De seguro que a nosa xove plantilla afrontara este encontro con moita ilusion e gañas, xa que se atopa colocado na segunda posicion da taboa a tan so 3 puntos do Bembrive e unha victoria seria un gran paso de cara a meterse na liguilla de ascenso, e para facer un pouquiño mais facil este dificil encontro pedimolle outra vez a toda a aficion que acuda ao Municipal a animar ao equipo.

Para este partido recuperamos a Esteban e Jacobo tralas suas sancions, e esperamos contar con Eloy que segue sendo arrastrando problemas de nocello.

CONTAMOS CON VOS

Pola sua banda na liga provincial alevin, os nosos comezan descansando , polo que o seu agardado debut farase esperar unha semana mais.

Os xuvenis xogan o domingo as 12 horas no pabillon de Chapela fronte o Arealonga.

No hay comentarios: