Vistas de página en total

sábado, 3 de diciembre de 2011

Resultado comprometido para o SD Pazos fronte o Pizarras

En primeiro lugar, sentimos moitísimo o retraso desta semana en canto o resumo do partido disputado no Barco contra o Pizarras.
Pouco que decir en canto ó xogo dos nosos este fin de semana. Entramos no partido cando o Pizarras Los Tres Cuñados xa levaba dous tantos o seu favor. Reaccionar ante un resultado complicado cando tes un deses días nos que nada do que fagas parece que vaia a sair ben, resulta moi pero que moi complicado. A Sociedade topou a un bo equipo na pista, con chegadas e desbordes en un contra un que farían achegar moito perigo de cara a nosa portería. En dous aclarados en banda, o ataque do Pizarras consegue plantarse diante dos nosos en un dous contra o porteiro ben culminado cun pase o segundo pao que faría o 1-0 e, da mesma maneira chegaría o 2-0 cun man a man contra David que nos levaría con este mesmo resultado o descanso. Tras uns minutos de dominio dos nosos ó comezo da segunda parte e cun inmenso porteiro dos Tres Cuñados chegaríase no minuto 10 co 3-0 tras un balón culminado a contra polo equipo locatario cando o Pazos se encontraba en campo contrario. A partires deste minuto, tentamos a través do porteiro xogador meter algo máis de ritmo o partido e buscar opcións para acurtar distancias. Nunha mala transición do noso porteiro xogador Eloi, o Pizarras consegue roubar o balón e facer o catro cero. Na seguinte xogada en ataque de 5 o Pazos acurta distancias por medio dun balón pegado a porteria que con sorte toca nun contrario e despista o porteiro local facendo o 4-1. Cando o Pazos parecía que podía conseguir meterse de cheo no parido, o Pizarras con outro balón mal conectado na superioridade de tres, fai que o Tres Cuñados estableza no electrónico o 5-1 con tiro dende campo contrario. Co tempo encontra e a falta de dous minutos para o término do partido, chegaría o cinco dous definitivo por medio de Mon. As intentonas co ataque de cinco e as ganas postas polos nosos non foron suficiente para facer fronte a un equipo que ten claro o que xoga, e que conta cunha finalización e unha defensa moi traballa. Pola nosa parte felicitar o Pizarras Los Tres Cuñados pola merecida victoria e agradecerlles dende aquí o trato mostrado cara o noso clube. Felicitar tamén a este equipo pola aficción coa que conta e que en moitos momentos do partido supuxo un xogar máis o que facer fronte.
Este Sábado 3 de Decembro agardanos o ADFS Bueu un dos equipos máis asentados na categoría e que conta con xogadores de moita calidade. A priori, outro partido complicado que afrontamos con moitas gañas e despois de haber traballado moi duro esta semana, esperemos poder traer algo positivo de Bueu, que de seguro será moi complicado.
Esperamos contar coa nosa aficción no Municipal de Bueu as 18:30 Hrs.
Unha vez máis disculpas polo retraso no comentario desta semana.

No hay comentarios: