Vistas de página en total

jueves, 15 de diciembre de 2011

Pelexada victoria en Bueu

Este sábado topamonos cun partido lento e moi trabado fronte a un gran equipo, e todo un clásico, como é o ADFS Bueu. Así comezou o encontro cos dous equipos tanteado o planteamento, e sabedores de que calquer erro marcaría o desenlace final do encontro. Así, o primeiro gol de Rober, non se fixo agardar, no minuto 2 de encontro e aproveitando un rexeite do porteiro no segundo pao tras un disparo de Eloy, Rober empurra o balón o fondo das redes. Un par de minutos despois, tras un rápido contrataque de Manuel que coa axuda de Rober se convirte no 0-2. Destacar no primeiro tempo a actuación de Bizza que salvou ó equipo dun empate seguro xa que, xa que o equipo precipitábase nos pases entre liñas e dando poucos apoios nas saídas de balón, o propiciou varias roubos de balón con ocasións claras para os locais. Así chegouse o descanso sen chegar a facer un bo xogo pero coa ventaxa de de 2 
goles e defendendo o ataque de 5 do Bueu.No segundo tempo o partido segueu a mesma tónica, pases imprecisos,
escasa rotación e no meridiano, o Bueu consegue empatar o partido en duas xogadas consecutivas motivados pola falla de concentracion da defensa do Pazos. Esta situación obriga os nosos a subir a presión e apretar arriba, situación que deu o seu froito nun disparo cruzado de Jacobo ó que o porteiro non ten nada que facer. Voltaron a saír co porteiro xogador aínda que non conseguiron aproveitar un par de indecisións da defensa. Aprobeitando o saque rapido dunha falta por parte de Jacobo, Lito empuxa o balón facendo o 2-4 faltando 4 minutos, e xa a falta de 
30 segndos Rober rouba un balón en defensa e dende o seu propio campo sentencia o partido co definitivo 2-5.
Victoria moi importante que nos situa segundos e acercandonos un pouquiño máis ao obxectivo que é sen díbida a permanencia.


Este sábado xogamos as 18 horas fronte o Melide FS, equipo que ocupa a derradeira praza, pero que seguro vendra a Pazos con moitas gañas.


Os xuvenis golearon 11- 3 ao Cotobade e poñense cuartos na primeira provincial.


Os alevins descansaron esta semana.

No hay comentarios: