Vistas de página en total

martes, 17 de enero de 2012

Xusto empate

O equipo senior arañou un punto importantisimo na sua visita a Pontevedra.
O partido comezaba co Leis presionando aos nosos en todo o campo, pero eramos capaces de sair de esa presion moi facil, e fruto destas boas saidas de presion conseguiamos o 0-1, despois o Leis era quen de empatar o encontro, pero outra vez nunha saida de presion espectacular(probablemente o mellor gol do ano) con 4 toques culminada ao segunda pau(manual de futbol sala) conseguiamos o 1-2 , despois chegaria o 1-3 e de seguido o 1-4 ,nun erro do porteiro local nun despexe dende a nosa area que pasou por debaixo dos pes do cancerbeiro Jorge Barcala. Con este resultado dispuxemos de 2 balons ao pau, un a porta baleira, e parecia que o partido era imposible que se nos escapase.
Tras o descanso o equipo fixo uns 19 minutos desastrosos botando a perder todo o traballado os primeiros 20 minutos,unha pesima defensa de porteiro-xogador fixo que o Leis remontase e se puxese 5-4 a falta de un minuto, co cal o Leis nos gañaba o goal-average e se puña a tan so 2 puntos, pero nos tamen optamos polo porteiro-xogador e a falta de 30 segundos un clarisimo penalty sobre Lito que anotou Jacobo deunos un vital punto que nos deixa con 5 puntos de vantaxa sobre o Leis(quinto clasificado e primeiro equipo que non xogaria a liguiña de ascenso)
Destacar o bo trato recibido polo Leis, e a gran actuacion dos colexiados Gonzalez Lubian e Martinez Souto do colexio pontevedres, que cos seus normais erros(a prol e en contra), deron un exemplo de como hai que arbitrar e levar un partido intenso(pero sempre deportivo) como o do sabado, demostrando que probablemente sexan os 2 mellores arbitros da categoria.

Para a semana visitanos o Vilamartin FS, cuarto clasificado que se atopa a 3 puntos de nos, unha victoria practicamente selaria o noso pase a liga "boa", pero unha derrota abreria moito a clasificacion.
Para elo xa poderemos contar coa nova incorpioracion do equipo, Joni, un xogador que ven a aportar ilusion e traballo a un corto e xove plantel que esta facendo unha temporada espectacular no seu debut na categoria.
SORTE JONI

1C.D. MOSTEIRO BEMBIBRE10721432523
2PAZOS DE BORBEN F.S.10622493720
3A.D. BUEU10604454018
4CONCELLO DE VILAMARTIN10523483317
5LEIS PONTEVEDRA F.S.10433353915
6PIZARR. LOS TRES CUÑADOS10424373714
7CIDADE DE OURENSE1021742467
8S.D. MELIDE F.S.10001027690


Pola sua banda os xuvenis gañaron 3-4 na sua visita aos Sauces e consolidanse nos postos altos da primeira provincial, ao igual que os alevins que se consolidan na primeira posicion do seu grupo tras gañar 2-3 ao Colexio Apostol.

No hay comentarios: