Vistas de página en total

jueves, 16 de febrero de 2012

CD Apostol FS - SD Pazos FS, a seguir a racha

O equipo xuvenil viaxa este sabado as 10 da mañan a Teis para enfrontarse ao Apostol,tras derrotar ao lider Bembrive FS por 6-1 e colocarnos a tan so un punto do liderato, toca seguir sumando neste desplazamento. Sera un duro partido, pois o Apostol esta quinto clasificado a tan so 5 puntos de nos e saben que este pode ser o seu ultimo cartucho se pretenden acabar nos postos altos.
En principio Jacobo contara con todos os seus xogadores para tentar traer os tres puntos de Teis , moita sorte para o equipo xuvenil que esta facendo un gran ano.

Pola sua banda os alevins non xogarn debido ao paron por mor dos carnavais, esperemos que volten do descanso amosando o gran futbol sala ao que nos teñen acostumados.

Os seniors descansan esta semana paa afrontar a partir do dia 25 a liguiña de ascenso, mañan saera o calendario e xa volo publicaremos, aqui vos deixo os 8 equipos que pelexaran por subir a Segunda B.

SD Pazos(Pazos de Borben-Pontevedra)
ADFS Bueu(Bueu-Pontevedra)
Concello de Vilamartin(Vilamartin-Ourense)
Bembrive FS(Vigo-Pontevedra)
O Esteo FS(As Pontes- A Coruña)
Trabada FS(Trabada-Lugo)
Ribeira FS(Ribeira de Piquin-Lugo)
CD Rececende(A Pontenova-Lugo)

Sen dubida 7 equipazos aos que nos tendremos que afrontar, pero 4 equipos parten claramente como favoritos, tratase de Bembrive, O Esteo, Trabada e Rececende, equipos con xogadores con moita experiencia en categorias superiores, pero os outros 4 equipos tamen son grandes equipos cunha historia superior a nosa e algun reforzado de cara a esta liguiña(O Vilamartin fichou a Carra, xogador con pasado na elite portuguesa), polo que ningun dos 14 partidos que nos quedan seran sinxelos, e se queremos gañar tendremos que pelexar cada balon como se fose o ultimo.

Sen dubida un premio poder competir con estes grandes equipos no noso primer ano nesta categoria.

No hay comentarios: