Páginas vistas en total

lunes, 13 de febrero de 2012

SD PAZOS DE BORBÉN - PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS FS

Antes de poñer a crónica do partido que enfrontou ós nosos co Pizarras, queremos dende o clube pedir disculpas pola penosa imaxe amosada polo Pazos neste partido. Partido que amosa a pior cara dun equipo que sen dúbida é capaz do mellor e do pior, tal como se viu na pista o pasado sábado. En primeiro lugar, facer fincapé en que os xogadores do Pazos (todos eles da zona) saen a cada partido a loitar e a facelo o mellor posible, SEXA CAL SEXA A SITUACIÓN DO PARTIDO. Quero quede claro que en ningún momento se deu o partido por perdido e MOITISIMO MENOS que houbese NINGÚN TIPO DE INTERÉS POLA NOSA PARTE EN FAVORECER OU PERXUDICAR NIN O PIZARRAS NIN A NINGÚN OUTRO EQUIPO. NINGÚN DOS MEMBROS DA DIRECTIVA, COLABORADORES, AFICCIÓN, CORPO TÉCNICO OU PERSOAS AXENAS A ENTIDADE PODEN POR EN DÚBIDA A INMPLICACIÓN E COMPROMISO DOS NOSOS XOGADORES. Xogadores estes, que nin moito menos profesionais, adican a semana moitas horas de entreno, ademáis de outras actividades para poder financiar o custo que supón ter a un equipo de futbol sala nesta categoría (no noso caso as axugadas económicas son mínimas e o Concello aínda que nos axuda no que pode, somos nos os que temos que buscar outras fontes de financiación para poder estar xogando a este deporte).
Dito isto, prosigo co resumo do partido.
Este sábado celebrouse a décimo cuarta e última xornada da liga regular da terceira división do noso futbol-sala, que enfrontou ós nosos co Pizarras.
Comezamos o partido sabedores de que nos visitaba na nosa cancha un equipo cun tremendo potencial ofensivo. Ainda así, o plantexamento do partido, foi o de saír a presionar a tres cuartos de pista para tentar impor a nosa superioridade física e propor unha recuperación de balón o máis cerca posible da portería rival.
Pola contra esta situación voltouse contra nós. Topamonos no minuto 10 da primeira parte cun 1-3 no marcador froito da nosa pasividade defensiva. Tras un tempo morto, no que tentamos buscar as solucións os erros cometidos, saimos a pista e fomos quen de impor uns minutos de dominio, no cal conseguimos facer o 2-3 que ben pouco duraría xa que despois dun saque de banda poríase o 2-4. Seguimos coa presión en tres cuartos sendo fieles as nosas ideas, e, así chegaría o 3-4; marcador co que nos iríamos o descanso.
Os dez primeiros minutos do segundo tempo foi cando o Pazos topou o seu mellor xogo. Despois dunha xogada ben trenzada, Manu é quen de poñer as táboas no marcador, minutos no que o pazos tivo a posesión do balón pero sen conseguir chegar a portería do Pizarras. A falta de ideas na finalización voltou a meter o Tres cuñados no partido que en duas contras rápidas pon de novo o marcador  o seu favor cun 4-6. Decido neste momento gastar ó último cartucho do que dispoñíamos, e sacar porteiro xogar (grave erro). A superioridade de cinco púxo definitivamente de cara o partido para o conxunto visitante. En sendos erros de Jacobo e Eloi, o Pizarras aproveita varias contras poñendo o 4-8 no electrónico. Durante os minutos que durou o ataque de cinco só fomos capaces de facer un gol. Situación, pola contra, que aproveitou o equipo visitante con catro contras ben definidas para por o definitivo 5-12.
Triste resultado para os nosos, que sen dúbida deixa unha enorme mancha no bo expediente que levávamos amosando na nosa pista. Por outro lado, merecido resultado este para o Tres Cuñados que, en ningún momento tirou o partido e foi quen de imporse as poucas acometidas dos nosos.
O resumo deste partido non pode ser outro que, un plantexamento totalmente equivocado do responsable do equipo, que non soubo impor durante a semana a intensidade que requería este encontro. Así mesmo a actuación do noso porteiro que tampouco estivo a altura das circunstancias.
UNHA VEZ MÁIS DISCULPAS A NOSA AFICCIÓN QUE SEMPRE NOS MOSTROU UN APOIO INCONDICIONAL.

Ademais pola mañan victoria superimportante dos xuvenis por 6-1 ante o Bembrive FS, con esta victoria pomonos a un so punto deles, e metemonos de cheo na pelexa polo titulo.

Os alevins gañaron 5-2 ao Valadares e seguen con paso firme no seu intento de meterse nas fases provinciais.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Sen poñer en dubida a implicación do equipo poderiais aclara con quen tiña que falar o voso entrenador a cada momento por telefono dende o banquiño, un pouquiño raro si que é

Anónimo dijo...

Tongo cos 3 cuñados no fijo....como dixo un membro do equipo do pazos na entrada anterior dixo que xa o aclarara todo no partido de vilamartin... Canto ira no sobre non o sei... Pero que o señor velliño falaba con vilamartin....dou fe...e que o negue que sabe que e verdad

Anónimo dijo...

se iso fose certoooo..... os dous pa autonomica directamente !!!

Anónimo dijo...

Penso q xa vale de "meter" merda, xente de Pazos(non Borben como di alguns q se fan pasar por xente de Pazos) do Barco, de Vilamartin e incluso de Pontevedra, xa somos maiorciños como para andar con tonterias, NON HOUBO TONGO, nin en Vilamartin nin en Pazos, so 2 equipos con moita rivalidade que se xogaban unha praza entre eles e punto. Asi que non tentedes manchar a imaxe de Pazos e Bueu, o deporte e asi, xa vale home, dende Vilamartin chamadesnos vendidos e dende O Barco tamen, arranxade os vosos problemas entre vos sen manchar a dignidade dos demais.
Unha aperta e sorte aos 2 equipos.

Anónimo dijo...

que diga o entrenador publicamente se falou con alguen de vilamartin durante o encontro en varias veces estandose xogando o encontro co diga, pero que diga a verdad que eu seina!!! e sobran as palabras...

Anónimo dijo...

O entrenador e o porteiro non o velliño non vos enterades jajajaja

Anónimo dijo...

tu mesmo te delatas....naide falou do velliño...jajajajajaja foi o velliño quen negociou!!!

Iria Moscoso dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

12000 euros do Pizarras + 12000 do Vilamartin GRAZAS XENTE DE VALDEORRAS, o coche novo vai de lujo.

Po ano cando vaiamos ala ensinovolo, fdo O velliño