Vistas de página en total

viernes, 3 de febrero de 2012

CD Bembrive - SD Pazos FS, esta vez non puido ser ...

Este martes xogamos a decimo terceira xornada de liga, adiantada neste caso, polo campionato da Copa xunta que disputará o Bembrive este Sábado.
Comezamos o partido, ambos equipos, cunha tímida presión a tres cuartos que nos permitía, a calquera dos dous xogar de maneira cómoda. Sen apenas inquietar a portería rival, nun balón divido, Rober, pon o 0 - 1 no electrónico nun disparo axustado dende 10 Mts, o que nada pode facer o porteiro do Bembrive, o cal realizou un primeira parte inmellorable.
Despois do saque de centro, o Bembrive parece entrar no partido e comeza a tratar mellor o balón, situación que non resultou nada cómoda para os nosos que tentaron defender con intensidade. As transicións longas do equipo local, sucedíanse, ata que nunha destas circulacións de balón, culminada a xogada ante o desacerto do porteiro visitante, Esteban, Jacobo e quen de establecer o empate no marcador cun forte disparo o primero pau.
Así chegaríase o descando.
Na segunda metade, os nosos, crearon ocasións que non foron quen de materializar, mentres que o equipo locatario sentíase cada vez máis cómodo e centrado no partido.
En duas contras ben rematadas polo Bembrive e, moi mal defendidas pola Sociedad, suben dos goles máis o marcador establecendo o 3 - 1. A partir deste momento, sacamos porteiro xogador, situación que nos levou a ter unha maior posesión e crear ocasións de gol que non somos quén de culminar. Durante a superioridade de 5, e a falta de 50 segundos para o final do encontro, un balón mal definido pon en bandexa o 4 - 1 no marcador para o equipo local. Marcador este, que chegaría o final do encontro cun 4 - 2, despois do gol conseguido por Manu a falta de 7 segundos para a conclusión.
Xusta victoria a acadada polo Bembrive, que foi claro dominador durante todo o partido e ante a pasividade e a falta de tensión mostrada polos nosos.

No hay comentarios: