Vistas de página en total

viernes, 3 de febrero de 2012

SD PAZOS - CONCELLO DE ORENSE FS

Este sábado vivimos o encontro entre a Sociedade e o Concello de Orense, equipo este, que non acada os resultados esperados dado que o seu xogo non está premiado polos resultados obtidos ó longo da liga. Comezamos o partido con presión a tres cuartos, situación que incomodou o equipo rival e que non permitu que o equipo visitante puidese sentirse cómodo. A presión, permitíanos recuperar o balón de xeito rápido, pero o desacerto tanto nos pases como nas ocasións que foron poucas durante a primeira metade, facían que o Orense tivese opcións de armar contras e sair de xeito rápido cara a porteria dos nosos. A falta de puntería dos visitantes e, a fortuna nun saque de banda dos nosos, faría chegar o 1-0 o descanso.
Na segunda metade, a Sociedade foi quen de crear máis ocasións de gol, o realizaren unha boa presión en toda a pista, pero a falta de acerto, e o saber estar do equipo visitante fan que sendas ocasións de gol non se viran materilizadas.
Nunha contra rápida e ben aproveitada polo Concello de Orense, sube o empate o marcador resultado co que se chegaría o remate do partido, tendo antes de finalizar, duas ocasións dos nosos, das máis claras do partido, que Jacobo nunha delas, e Lito noutra, non saben aproveitar para conseguir que os tres puntos se quedaran en Pazos.
A lectura final, partido con moitas gañas por parte dos dous equipos, algo frouxo en canto a futbol salal, e cun empate final xusto, por ambas partes.
O martes día 31 de Xaneiro esperanos, sen dúbida, o mellor equipo en canto a xogo da nosa categoria, o C.D. Bembrive F.S. Xornada adiantada debido a que este equipo xógase o pase das semifinais da Copa Xunta contra o Autos Lobelle de Santiago (partido que se disputará o Sábado 4 de Febreiro dende as 6:30 da tarde no pabillón Álbaro Pino de Ponteareas). Esperemos poder repetir a boa actuación que o noso equipo fixo, neste mesmo partido, disputado na primeira volta da liga.
Esperamosvos a todos no pabillón de Bembrive este martes a partires das 8:30 da tarde.
Dende aquí, a directiva, corpo técnico e xogadores damos unha vez máis as grazas a toda a afición polo apoio que ven mostrando o noso equipo ó longo de toda a tempada.

No hay comentarios: