Vistas de página en total

miércoles, 25 de abril de 2012

ENCONTRO PARA ESQUECER


 O encontro que ofrecemos o sábado 14 no pavillón de Pazos diante do Concello de Trabada e para esquecer.
Enfrontabámonos a un rival aparentemente fácil xa que era o último clasificado desta liga de ascenso, a pesar diso facía moito tempo que o noso equipo non daba unha imaxe tan mala os afeccionados.
É  certo que afrontamos o partido con baixas, como Jacobo por sanción e Mon e Eloy por lesión.
Como dixen antes enfrontabámonos a un equipo aparentemente inferior, pero non se reflexou así na cancha, xa que nunha  pésima primeira parte cargada de erros e pérdidas tontas de balón por parte do Pazos, o equipo visitante conseguiu marcar dous goles, que fixeron que chegásemos  o descanso cun 0-2 no marcador.
Se a primeira parte foi mala, a segunda ainda foi peor. O equipo cometeu erros en defensa, que fixeron que Esteban tivese que defender so a portería, con mans  a mans constantes.
Sí, conseguimos marcar dous goles, pero non foi suficiente, o partido rematou cun 2-6, resultado xusto para os visitantes, tras a nosa desastrosa actuación.

No hay comentarios: