Vistas de página en total

miércoles, 25 de abril de 2012

VISITA A VILAMARTÍN


Esta semana tocounos afrontar un duro encontro en Vilamartín, ademais das dificultades que supón enfrontarse a un equipo coma este, no que so o Bembrive conseguiu sacar os 3 puntos hai que sumarlle as nosas baixas (Jacobo, Esteban e Mon) e que viaxamos con dous dos nosos xogadores resentidos de sendas lesións ( Eloy e Hugo).
A pesar do mal que parecía presentársenos o encontro, todos os xogadores viaxaron cun gran entusiasmo, e así o demostraron sobre a cancha. A pesar disto, en sendos erros defensivos e dous minutos de despiste, o equipo rival conseguiu subir o marcador 3 goles, mentres nos non dabamos feito efectivas as nosas xogadas.
A falta de moi pouco tempo para o descanso o Vilamartín fixo unha falta , dándonos a nos a oportunidade de cambiar o marcador, xa que nos brindou un dobre penalti, que Rober non conseguiu acertar.
Xa na segunda metade, por fin chegou o gol que tanto desexabamos, despois dun contragolpe  Lito conseguiu marcar.
O  4-1 chegaría os poucos minutos, nunha xogada moi dubidosa, na que hai unha posible falta o noso porteiro. Pouco despois o equipo local marcaría o 5-1.
Foi aí, cando o noso equipo , a pesar de que faltaban aínda 9 minutos para o fin do encontro, decidiu saír a por  todas sacando porteiro-xogador, onde claramente o Pazos foi superior, facendo un bo ataque, de aí que o marcador indicase un 5-3 (goles de Lito e Manu) e con moitas ocasións dos nosos erradas.
De novo tivemos erros en defensa e eles marcaron 2 goles que nos levarían o fin do encontro.
Por último, dicir que os últimos minutos do encontro se disputaron con Eloy resentido da súa lesión e con Jose e Jonny lesionados.
Por outra banda, agradecer os xogadores, corpo técnico e directiva do Vilamartín por o trato recibido.

No hay comentarios: