Vistas de página en total

lunes, 9 de abril de 2012

TRES PUNTOS CON MÁIS PENA CA GLORIA

Este sábado pasado vivimos no municipal o partido que enfrontou a Sociedade co Ribeira de Piquin.
De novo as baixas fixeron que o plantexamento do encontro fose a media pista e tentando sair en contras rápidas que nos permitisen chegar fisicamente enteiros o final do encontro.
Nunha primeira parte na que o Ribeira se mostrou superior con máis posesión de balón e con chegadas que permitiron que o marcador fose dun claro 1-3 o descanso. Nesta primeira metade so Manu foi quen de perforar a porteria visitante.
Na segunda metade e con maior acerto dos nosos, chegamos o minuto 6 cun empate no electrónico; 4-4. O Ribeira mostrándose valente e con gañas de levar os tres puntos decidiu sacar porteiro xogador. Situación que foi aproveitada polos nosos cunha defensa de 5 perfecta, sen dúbida o dato positivo da xornada para os nosos. Así Biza, despois de blocar un balón pon o 5-4, e na seguinte xogada Rober con outro roubo de balón en defensa pon o 6-4. Vantaxe que puido aumentar se noutro roubo de balón, Lito e Manu non fallasen un clamoroso tiro a porta valdeira.
Finalmente a falta de 30 segundos para o final o Ribeira pon o definitivo 6-5 co que se chegaría a conlcusión do encontro.
En liñas xerais partido con pouco futbol sala, con bastante desgaste físico e cun partido moi irregular dos nosos que de seguro teñen que seguir traballando para mellorar nos graves erros cometidos durante as últimas xornadas.
Dende aquí os nosos mellores desexos para o Ribeira que mostrou ser un equipo cunha deportividade inmellorable e cunha plantilla xoven que mostra gañas de xogar a este deporte.
Reanudamos a ligua o vindeiro sábado día 14 no municipal de Pazos contra o Concello de Trabada, a priori outro encontro que se presenta moi complicado.
Como sempre esperamos contar co apoio da aficción no pavillón no horario habitual, as 19:00 Hrs.

Por outra banda, os alevins xa coñecen o seu rival no partido de cuartos de final da fase provincial. Este será o Miralba, a eliminatoria disputarase a partido único o vindeiro dia 14 no pavillón de Pazos, xa vós informaremos da hora, e desexamos que se mostre unha gran entrada para apoiar ós nosos pequenos no partido máis importante no que vai das suas curtas vidas.

No hay comentarios: