Vistas de página en total

lunes, 26 de marzo de 2012

Seis valentes case dan a campanada

Chegabamos o domingo a Bueu con tan so 6 efectivos dispoñibles, dos cales alguns ainda arrastraban as "secuelas" da boda do noso gran amigo e ex-xogador Rodri, ao cal felicitamos dende estas liñas. Con este panorama sabiamos que era practicamente imposible sacar algo positivo de Bueu, pero non faltou nada para conseguilo, xa que a falta de 3 minutos gañabamos 2-3.
Todo o partido transcurriu con posesion do Bueu, pero con ataques planos e moi faciles de defender para os nosos, que viron como Jacobo metia un golazo dende 15 metros para adiantarnos no marcador, a raiz de ahi o partido seguia igual , e incluso Mon e Joni dispuxeron de 2 ocasions clarisimas para aumentar o resultado, o cal creou dubidas nun Bueu que via que non creaba moito perigo a pesar de gozar da posesion , ata que nun erro regalamos o 1-1 que animou ao Bueu. A raiz de ahi sacan porteiro xogador os locais a falta de 2 minutos para o descanso ,e nunha gran anticipacion a un pase Jacobo fai o 1-2 co que se chegaria ao descanso.
Pero estaba claro que o cansancio faria mella nos nosos(ao final do encontro Esteban, Eloy e Jacobo disputaron os 40 minutos, e Jose e Mon preto de 35) polo que na segunda parte o Bueu gozou de oportunidades, pero outra vez non demasiado claras, incluso puxemos o 1-3 no marcador nunha increible galopada de Jose que foi quen de resistir 2 agarrons e 1 zancadilla  para chegar a area e facer gol.
A partir de aqui foi un monilogo total do Bueu, pero resistimos cunha defensa incrible ata que a falta de 3 minutos as forzas agotaronse e o Bueu foi quen de remontar o partido.
Imonos de Bueu coa sensacion do traballo ben feito, pero sabendo que se tivesemos algun efectivo mais o partido houbese sido doutra forma, e quizais o resultado tamen.

Boa actuacion arbitral nun partido de guante branco.


Para a semana visitanos o Ribeira de Piquin, sera as 7 da tarde do sabado.
Esperemos contar con mais efectivos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

ai k xogar en vez d ir d festa !!!!!