Vistas de página en total

martes, 1 de mayo de 2012

UN BO RESULTADO EN PONTENOVA

Este sábado tivemos un díficil encontro en Pontenova, onde nos esperaba o Rececende, equipo descendido o pasado ano de 2ªb con xogadores contrastados na categoría.
O partido presentábase compricado, por unha banda, o equipo adversario e por outra, as numerosas
molestias que sufrian varios xogadores ( Jonny, Hugo, Jose, Eloy e Manu).
A pesar disto, o ánimo co que viaxaba o equipo era bo, con ganas de sumar os tres puntos, motivados por o resultado favorable para os nosos na primeira volta, e as palabras do seu entrenador despois do encontro en pazos ("derrota, nunha cancha fácil para puntuar"), isto deulle unha motivación extra os nosos.
O partido comezou cunha clara posesión do equipo local, onde os nosos agardaban en media pista o adversario, para sair con contras perigosas. Pouco a pouco, o pazos foise metendo no partido e comezou a levar a iniciativa, con algunhas ocasións claras. De ahí que en dous minutos o marcador indicase un 0-2, con goles de Hugo, que se rencontraría co gol, despois de moitas xornadas e a longa lesión, e de Jacobo, que con un disparo lonxano nos puxo con este resultado. Este último pondría o 0-3 antes de chegar o descanso, nunha gran habilidade Jacobo conseguiu vater o porteiro local nun man a man.
Na segunda metade,os de Pontenova tentaron recortar distancias, volcandose en ataque, pero o Pazos seguiría  provocando gran perigo nas súas contras.
Mediada a segunda parte, o Rececende optaría por xogar con porteiro xogador, onde o noso equipo mostrou unha gran defensa, de ahí que non recurtaran distancias. A falta de sete minutos do final, Jacobo nun erro defensivo, introduciría o balón na súa portería, poñendo o 1-3 no marcador.
O equipo local acabaronselle as opcións de gañar o partido, cando a falta de cinco minutos tras a expulsión dun dos seus xogadores, se viu obrigado a afrontar dous minutos cun home menos. Foi ahí cando o pazos recuperou a posesión e onde as ocasión non deixaron de sucederse, conseguindo o 1-4 (gol de Lito), nos intres finales do partido.
Victoria adicada o noso capitán Mon, o que lle desexamos unha pronta recuperación e que esperamos con gran entusiasmo de novo no noso equipo. ¡¡¡¡¡¡ÁNIMO CAPI!!!!!
Bo partido cun mellor resultado, ánimo rapaces para a vindeira xornada, onde esperamos o Bembrive.

No hay comentarios: