Vistas de página en total

domingo, 13 de mayo de 2012

DERROTA NA CASA


O sábado día 5 visitounos na nosa casa, o Bembrive, líder e máximo favorito o ascenso.
Sabíamos de antemán que era un partido difícil, pero os nosos afrontaban coa ilusión de derrotalos , como pasou na primeira liguiña.
Comezou o partido con máxima igualdade. Nunha das xogadas de ataque do Bembrive, conseguiría por no marcador un 0-1.
Os nosos seguirían intentándoo e conseguirían empatar.
Mediada a primeira parte, chegarían os minutos máis fatídicos para o Pazos, nos  cales os visitantes conseguirían meter 3 goles en 4 minutos.
Os xogadores locais quedaron noqueados tras uns erros defensivos clamorosos. Chegaríamos o descanso cun 1-4, un resultado moi avultado.
Foi aí cando o adestrador, Manuel Ferreira, no vestiario se dirixiu os seus, e isto notouse na segunda metade, onde se viu un equipo moi mellorado e concentrado. 
A pesar disto, os visitantes nun dos seus ataques mostraría a súa pegada e así se reflexaría no electrónico cun 1-5.
Faltando 10 minutos os Pazos optou por saír con porteiro-xogador, no cal se notou unha superioridade co rival, conseguindo dous tantos e reflexando no marcador 3-5.
Xa nos últimos intres do partido os visitantes, expulsaríanlle un xogador (Berni) co cal o equipo local tiña a esperanza de poder puntuar. Pero non sería así, debido as precipitacións e a falta de tempo non conseguiron acertar e a falta de 5 segundos para ó final o Bembrive conseguiría o 3-6 definitivo.

No hay comentarios: