Vistas de página en total

martes, 29 de mayo de 2012

UN PUNTO MAIS

O pasado sábado disputamos un duro encontro co Ribeira de Pequín, no pavillón de Meira.
Era un partido moi importante xa que os locais loitaban por manterse no 4º posto e nos podíamos subir unha escada mais na liguiña, xa que entre ambos equipos había unha diferenza de 1 punto.
O noso entrenador  optou por un cinco inicial formado por Biza, Jacobo, Eloy, Manu e Jonny, deixando no banquillo a Lito, Hugo, Jose e Esteban, este último para suplir a Biza na segunda metade.
O partido comezou cun claro dominio dos nosos, onde as ocasión non deixaban de sucederse, ainda que non conseguiamos acertar polo que non víamos cambios no marcador.
A pesar disto o equipo parecía que ante o Ribeira ía conseguir ía conseguir de novo a victoria, como acontecera no pavillón de Pazos na ida desta liguiñas cun 6-5.
As ocasións continuaban ata que Lito foi quen de culminar una ataque claro e conseguía poñer o 0-1 no electrónico.
O partido continuaba cun claro dominio dos nosos e cos locais sen crear apenas  perigo na portería defendida por Biza.
Cando quedaban 6 minutos para o descanso, conseguíamos anotar outro gol, gracias a un bo disparo de Jonny.
Non sei se por mor de exceso de confianza, por cansanzo ou simplemente por erros, despois deste gol os locais comezaron a ter un montón de ocasións, e xa no minuto 16 da primeira parte conseguían batir a Biza, pondo no marcador ó 1-2, podendo incluso ser mais, pero grazas a unha boa actuación do noso porteiro, chegaríamos o descanso con este resultado.
A segunda parte seguía cos mesmos trazos que a primeira, cun claro dominio do Pazos e con moitas ocasións, pero seguíamos perdoando e fallando incluso coa portería baleira.
Tanto perdoar acabaría por pasarnos factura e a falta de 7 minutos para o remate do encontro o Ribeira de Pequín, conseguía empatar.
Parece que o encaixar este gol os nosos volveron a meterse no partido conseguindo dous minutos despois un 2-3, gol que marcou Jonny.
Despois deste gol os contrarios decidían arriscar e xogar con porteiro-xogador, pero os nosos voltaron a demostrar unha boa defensa ante esta situación.
Nunha xogada de ataque do Ribeira de Pequín, Jose faría unha falta vendo a 2ª amarela, co que deixaría o euipo con un xogador menos durante os últimos minutos, xa que ata que faltasen 40 segundos non podíamos  un novo xogador. Nos minutos nos que xogamos de tres, os xogadores mostraron unha boa defensa xunto coa axuda de Esteban, defendendo a portería dunha maneira impecable e impendido que os locais empatasen.
Xa xogando de 4 e cando parecía que a victoria era nosa, nun erro defensivo os contrarios aproveitasen un oco para marcar o gol tan desexado. Rematando o partido cun 3-3.
Destacar o bo comportamento e trato recibido tanto por xogadores como por o corpo técnico do Ribeira de Pequín.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Es cierto k pal año se sale en autonomica?

Anónimo dijo...

non, trankilo, ainda que a moita xentte lle joda sairemos en terceira, este equipo mereceo, e a pesar das dificultades ahi estamos

Anónimo dijo...

donde sale o equipo finalmente, alguen sabe novedades de cara a temporada que ben? Segue a mesma plantilla?