Páginas vistas en total

jueves, 24 de mayo de 2012

VICTORIA NA CASA

Este fin de semana volvemos a atoparnos coa ansiada victoria no noso pavillón, onde nos visitou o Bueu F.S.
Despois de xogar contra os dous favoritos da liguiña e colleitar dúas derrotas, presentábanos a oportunidade de loitar por o cuarto posto, xogando contra un equipo o que lle temos tomada a medida.
O partido semellaba compricado, xa que o rival viña moi motivado o vencer na semana  anterior o 1º clasificado, o Bembrive F.S.
Nos tamén afrontábamos o encontro con moitas ganas por ter recuperados a case todos os nosos xogadores.
O encontro comezou moi igualado, pero con maior dominio dos locais, e así os poucos minutos conseguiríamos adiantarnos no marcador, cun gol de Jacobo, de un tiro dende o lateral.
A partires de aquí, o equipo volveu a cometer erros de concentración e defensivos das semanas anteriores, o que lle permitiu o Bueu voltear o marcador, anotando no mesmo 1-2.
Tras encaixar o 2º gol o Pazos collería o dominio do encontro e poría as ocasións de gol, e sen moito esforzo volveu a adiantarse 3-2, con dous novos goles de Jacobo.
Antes de chegar o descanso o equipo visitante conseguían empatar, resultado co que os equipos marcharían os vestiarios.
A segunda parte seguía coa mesma guisa, cos equipos igualados a goles, pero a sensación era que o pazos cun pouco que pisase o acelerador conseguiría quedarse cos tres puntos. Desta maneira poríamonos por diante, 4-3, cunha habilidade de Jacobo ante o porteiro rival. A pesar do bo xogo, os poucos minutos conseguirían o empate.
Mediada a segunda parte, o equipo aumentou a intensidade e conseguiría o 5-4 no marcador.
A partir de aquí, os visitantes non crearían perigo e a falta de 6 minutos optarían por sacar porteiro xogador. Os nosos mostraron unha defensa férrea, e cando tiveron a oportunidade roubaron o balón e conseguiron aumentar a diferenza, 6-5.
Así acabaría o partido, ainda que nos últimos minutos Eloy desproveitou unha clara oportunidade para sumar un novo gol.

1 comentario:

Fran dijo...

que bien chabales, xa vexo que saistes da cueva