Vistas de página en total

jueves, 20 de septiembre de 2012

ENTREVISTA A RAFA (PALE)

 
Esta semana dende o blog da S.D. PAZOS Fútbol Sala entrevistamos a RAFA (tamén coñecido coma PALE), ex-xogador do clube dende neno ata hai tres tempadas cando motivos laborais levarono ata Valencia onde reside actualmente.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1-¿Que tal Rafa?, como ves ó teu ex-clube dende a distancia?(xa que sabemos que segues a actualidade do mesmo).
 
Moi ben, polo que vexo os xogadores este ano estanse poñendo as pilas, a pretempada foi bastante intensa e con bos partidos amigables e con unha pizca mais de sorte houbesemos rascado algún punto en Ventorrillo. Serán determinantes as incorporacións de Luis e Marce, que aportarán experiencia e calidade e a de Borja, quen seguro aportará grandes cousas ó equipo e unha continuidade de cara as vindeiras tempadas. Esperemos que as baixas de Manu e Eloy non se noten demasiado.
 
2-¿Que opinas da primeira tempada do clube na 3ª división e como prevees que sera esta segunda?.
 
A primeira tempada inmellorable, o equipo estivo arriba todo o ano pese a gran diferencia que hai coa categoría autonómica e que moitos dos xogadores do plantel nunca habían xogado a ese nivel, sen dúbida notouse a boa preparación que Esteban levou a cabo co equipo. Este ano a liga estará moi apretada, o plantel e un pouco curto e o equipo notará as ausencias como xa pasou na primeira xornada, xa que nesta categoría a exixencia física e moito maior. O bo facer baixo os paus de Esteban e Bizzarri será determinante en moitos encontros.
 
3-¿Coñecendo o plantel deste ano qué che parece?, ¿e cal crees que debería ser o seu obxetivo?.
 
Hai que ir pouco apouco, pensar na permanencia e co paso das xornadas xa se irá vendo ata onde se pode chegar, o listón está moi alto despois da gran tempada pasada.
 
4-Sabemos que estiveche nun clube da 3ª división Valenciana, ¿que che pareceu o nivel de ahí con respecto ó de aquí?.
 
O nivel e moi parello a Galicia, aínda que ano a ano vai a menos, moitos xogadores deciden deixar o fútbol sala porque os clubes cada vez teñen menos presuposto e necesitan que os xogadores contribuian economicamente cos gastos que xeneran(fichas, equipacións, sancións, etc.).
 
5-¿Onde militas actualmente?.
 
Este ano xogarei no C.D. Almassera-Ruzafa, que disputará a 1º división provicial de Castellón, un equipo con moitas caras novas, no que tentaremos loitar por estar arriba na clasificación e porque non, subir a 3ª división.
 
Xa por último unhas preguntas un chisco maís sentimentais:
 
6-¿Cales son o teu peor e mellor recordo de todos os teus anos no Pazos?.
 
A verdade e que non teño nin un so mal recordo de todas as tempadas que estiven en Pazos, a pesares de que tiven que vivir algún descenso de categoría, para min foi fantástico poder estar aí disfrutando cada fin de semana  cos amigos de sempre do fútbol sala, ata boto de menos as broncas que me pegaba Ferre de vez en cando, ja,ja,ja...
 
7-¿Algún encontro que recordes en especial?(valen maratóns ja,ja,ja...).
 
Quizaís unha das finais do torneo da Cañiza, que por certo perdemos, contra Chelito, Juan Puertas, J. Santos e compañía, na que se viviu un encontro apaixoante coas gradas repletas e na que apunto estivemos de dar a campanada. Pero bueno, pola miña cabeza rondan as victorias dos 72 horas de Redondela, a Xunqueira, ascensos co S.D. Pazos...
 
8-¿E o quinteto no que mais a gusto te encontrache ou disfurtache?¿e por qué?.
 
Ufffff, que dificil mo pos, podería dar moitos nomes, pero bueno, voume mollar un pouco.
Porteiro Nesto(veteranía, paralotodo e gran motivador), peche Marcelo(experiencia, templanza e experto en dobles penaltis), un ala para Lito(regates e filigranas varias e un pulmón) e en punta Luizao(rápido, incisivo e goleador nato). Se a iso lle sumas a Bizza, Esteban, Jose, Mon..., a verdade  que non facíamos mal equipo.
 
9-Rematamos con un conselliño para o equipo dende a túa experiencia.
 
Pouco podo decir, que sigades disfrutando do fútbol sala e colleitando éxitos en cada partido.
Que teñades moita sorte e vémonos na pista...
 
MOITAS GRAZAS polo teu tempo e por seguir apoiando ó clube dende a distancia, unha perta AMIGO, o teu dorsal 9 segue agardándote. 

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Si que te botan de menos Pazitos...
Moi chula a entrevista :-D

Anónimo dijo...

Rafa eres un matao, Luisito xa sabia que ias a darlle un salto de nivel ao blog, jejejje.

FRAN