Vistas de página en total

domingo, 23 de septiembre de 2012

S.D. PAZOS Fútbol Sala 7 - 3 RIBEIRA DE PIQUÍN F.S.

Primeira victoria da S.D. PAZOS Fútbol Sala nesta tempada, na que a pesar do bo resultado colleitado, pasáronse momentos de dificultade ante un ambicioso Ribeira de Piquín F.S.
Marcelo sacou esta vez o seguinte cinco: Bizza-Lito-Jacobo-Hugo e Luis, no banco agardaban Esteban, Marcelo, José, Rober, Jony e Borja. O noso equipo saiu moi concentrado a pista, consciente da importancia de acadar os seus primeiros puntos. O balón era do rival nos minutos iniciais, pero sen crear excesivo perigo; cousa que sí facía o Pazos en cada roubo e seguinte contraataque. Así chegaría o primeiro gol, nun roubo en media pista de Lito quen, en xogada individual, cede o segundo pau para que Luis bata o porteiro.
A partir do 1-0 é cando o equipo desplega o seu mellor xogo, ben plantado en media pista e tentando finalizar cada posesión. O segundo gol chega ós dez minutos, nunha espectacular arrancada en banda de Jony, na que se vai de dous rivais e asiste para que Jacobo remache a rede.
O terceiro faríao Hugo, finalizando unha boa xogada de todo o equipo á falta de sete minutos para o descanso.
A partir do terceiro gol o Ribeira de Piquín decídese de forma definitiva pola táctica do porteiro-xogador, cousa que xa fixera nalgún ataque anterior. Logo de varios intentos sen froito, logra o 3-1, quedando aínda cinco minutos, pero nos que entre Bizza e a defensa conseguirían que o marcador xa non se movese.
Na segunda metade o partido baixaría en canto a calidade e tolearía por momentos. Pasados catro minutos os visitantes fan o 3-2, nun mal despexe noso que rouba o rival, e logra un golazo á bote-pronto inalcanzable para Esteban.
Con este perigoso resultado pasan os seguintes minutos; o Ribeira tentando empatar xogando de cinco e o Pazos tentando de aproveitarse dalgún erro do rival. Son neste periodo os peores momentos do conxunto local, que non consegue ter posesión nin é quen de sair con perigo. Isto ata que no minuto once, un gran saque de Esteban é ben resolto por Jacobo para facer o 4-2.
Marcelo opta neste intre por subir a presión, e o Pazos conta con innumerables ocasións de sentenciar o partido. Cousa que faría co gol de Jacobo á catro minutos do final e co de Luis segundos mais tarde.
Non se rende o equipo visitante, quen no seu seguinte ataque de cinco fai o 6-3, pero que tamén ve como Jacobo logra o séptimo dende o seu campo faltando dous minutos. Dende aquí ó final
xa nada reseñable.
Victoria moi traballada ante un rival que tamén foi a por ela en todo momento, e que da moral para seguir traballando. Destacar os catro goles de Jacobo e o gran esforzo de Lito multiplicándose en ataque e defensa, así como o de todo o grupo en xeral.
 
AFICIÓN SEGUE ASÍ¡¡¡
 
 
 
 
      
 
       

No hay comentarios: