Vistas de página en total

viernes, 28 de septiembre de 2012

PREVIO PARTIDO CONTRA O C.D. RECECENDE F.S.

Esta semana a S.D. Pazos volve a xogar na casa, e o rival será o C.D. Rececende. Un equipo este, que chega a Pazos na segunda posición da taboa  clasificatoria, e que conta os seus partidos por victorias.
Os nosos, despois do gran resultado da semana pasada, tentarán volver gañar e así seguir escalando posicións.
A semana foi bastante complicada en canto ó que adestramentos se refire, xa que, Marcelo non puido contar ningún dos días con todo o plantel. Para este encontro é baixa segura José por motivos laborais, e case segura Esteban cunha sobrecarga. A pesar de todo, o adestrador confía en sacar o partido adiante "Non puidemos adestrar ben de todo esta semana, pero se seguimos na liña do sabado pasado creo que teremos opcións de gañar" e engade "temos que xogar moi concentrados en defensa e ser mais efectivos en ataque".
O encontro disputarase no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.

No hay comentarios: