Vistas de página en total

domingo, 7 de octubre de 2012

C. DE VIGO I.E.S. CORUXO F.S. 6 - 7 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Espectacular o encontro vivido onte pola tarde no pabellón municipal das Travesas, cheo de boas accións e con emoción ata os derradeiros segundos.
Saltou á pista a S.D. Pazos co seguinte quinteto: Bizza-Rober-Lito-Jacobo e Luis, e no banco con: Esteban, Marcelo, José, Borja e Jony.
Xa na primeira acción de inicio o Pazos fai un clara ocasión de gol que se vai a corner, despoís do saque deste, consegue outro no que cunha fenomenal estratexia adiántase no marcador. Golazo de Jacobo cun potentísimo zurdazo dende fora da liña de puntos.
Con  este 1-0 no minuto un e medio, o I.E.S. intenta sacudirse a presión visitante, e a punto está de empatar o encontro nun tiro ó pau logo dunha boa xogada colectiva. A partires deiquí, vendabal vermello nos seguintes dez minutos, nos que, o noso equipo defendendo moi ben e atacando mellor, consegue poñer un contundente 4-0 no marcador. Goles estes anotados por Jacobo no segundo pau finalizando unha contra, Jony  regateando ó porteiro logo dun xogadón de todo o conxunto ó primeiro toque, e o cuarto obra de Luis empuxando á rede unha gran asistencia de Lito.
Con aínda nove minutos para finalizar a primeira metade, o I.E.S. tenta tomarlle o pulso ó encontro, e comeza a achegarse con perigo ós dominios de Bizza. Perigo este traducido en gol por Rulos a falta de sete minutos e por un posterior disparo que repelen entre Bizza e o longueiro. Co 4-1 xa se chegaría ó descanso, posto que, nin o equipo local foi quen de aproveitar a sua maior posesión nestes últimos intres, nin os nosos foron capaces de convertir en gol ningún dos contrataques cos que contaron.
A segunda metade foi moi distinta, debido a que o I.E.S. optou pola táctica do porteiro-xogador case todo o tempo.
Co balón nos pés do equipo da casa transcorren os primeiros compases, pero sen crear ocasións de gol na meta defendida por Esteban. Cousa que si faría a S.D. Pazos na primeira xogada que é quen de trenzar, na que Lito remacha a gol un bo pase de Jacobo. 5-1 e partido que parecía sentenciado.
Non sería así, xa que os locais comezan a elaborar mais o seu xogo de cinco e conseguen ir recurtando distancias no marcador ata lograr empatar o encontro.
Fatídicos estes seis minutos para os nosos, nos cales entre unha moi mala defensa, algún erro na portería e o bo xogo do I.E.S. parecía tirar o traste todo o traballo anterior. 5-5 no electrónico e volta a comezar.
E que mellor forma de facelo que co gol da tarde. Saca Bizza(que sustituiu uns minutos antes Esteban por mor das molestias deste nunha man)para Luis, quen pon en profundidade cara Jacobo, individualidade deste por banda esquerda e pase atrás dende a liña de fondo, Jony arrastra a defensa ó primeiro pau, e Lito conecta un misil dende 15 metros que se cola na escadra local. GOLAAAAAZO¡¡¡ que establece  o 5-6.
Mazazo para os locais que seguen indo a polo encontro co ataque de cinco, cousa que si anteriormente lles dera  un fenomenal resultado, agora deixaríaos case sen opcións. Nun destes ataques, Lito rouba un balón e cede para Luis, quen se vai dun contrario en velocidade e bate o porteiro xogador de tiro cruzado. 7-5 e cinco minutos por xogarse.
Defenden con todo os nosos os incesates ataques locais co porteiro xogador, pero a falta de minuto e medio nun balón sen aparente perigo, colase entre as pernas de Bizza enchendo de incertidume o derradeiro minuto.
Nestes últimos intres acontecería de todo; ataques do I.E.S., un disparo ó pau de Lito dende o seu propio campo, expulsión de Luis por dobre cartón a falta de oito segundos, e outro tiro ó pau nunha falta que executa Jacobo no derradeiro segundo.
Ó final, victoria dificilísima contra un gran rival que o tentou en todo momento e que encaixou a derrota con total deportividade.
O noso adestrador destacou ó remate do encontro"gran victoria nunha pista moi complicada e contra un rival de moita calidade" tamen engadiu "gran traballo de todo o equipo con minutos de moi bo xogo e no que se deu todo na pista".  
 
  
  
 
 
 
    
  

No hay comentarios: