Vistas de página en total

viernes, 12 de octubre de 2012

PREVIO PARTIDO CONTRA O VILALBA F.S.



11.LITO
 

Este sábado visita o municipal de Pazos de Borbén o Vilalba F.S.; equipo que nestes momentos ocupa a oitava posición na taboa clasificatoria e que comezou a tempada de xeito algo irregular, perdendo os seus dous primeiros encontros e gañando os dous seguintes. Polo tanto chegará a Pazos con moita moral e gañas de seguir escalando posicións.
Os nosos, logo de tres victorias consecutivas, tentarán facerse cos tres puntos e refrendar a mellora de xogo mostrada na última xornada.
Coa idea de ir partido a partido móstrase Lito, un dos nosos xogadores mais importante"temos que seguir traballando coas mesmas gañas e pensar no partido seguinte sen ir mais alo "comenta tamén que "nunha categoría tan igualada coma esta calquer rival e complicado, e se pretendemos loitar cos de arriba hai que estar sempre ó cen por cen".
Para este encontro, Marcelo, pese ás molestias dalgún xogador poderá contar con todo o plantel a excepción de Hugo.
O encontro disputarase no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.

No hay comentarios: