Vistas de página en total

viernes, 5 de octubre de 2012

PREVIO PARTIDO CONTRA O C. DE VIGO I.E.S. CORUXO F.S.

Mañá sábado a S.D. Pazos desprázase a Vigo para enfrontarse ó Concello de Vigo I.E.S. Coruxo F.S., nun encontro no que os nosos tentarán facer os seus primeiros puntos de visitantes. O rival chega a esta cita como segundo clasificado e invicto no que vai de competición.
Será este un partido un tanto diferente para Luis, quen terá enfronte a varios dos seus compañeiros da tempada pasada "sí estará ben reencontrarnos, aínda que neste caso sexa de rivais". Sobre o encontro pensa que "os dous equipos coñecémonos bastante, polo cal a posibilidade de sorpender será moito menor" e sobre o conxunto vigués opina que "teñen xogadores con moita calidade individual, como poden ser os casos de Mario, Javi del Rio ou Cris e tamén contan coa experiencia de J. Santos dende o banco" "será complicado, pero nos tamén temos as nosas bazas".
Nesta ocasión, o equipo seguirá sen estar ó completo, xa que, si ben reaparece José pérdese a Hugo, quen cunha lumbalxia non poderá participar en Vigo.
O encontro disputarase no pavillón municipal das Travesas ás 17:00.

No hay comentarios: