Vistas de página en total

lunes, 1 de octubre de 2012

S.D. PAZOS Fútbol Sala 8 - 3 C.D. RECECENDE F.S.

Mal partido o disputado este pasado sábado no municipal de Pazos de Borbén, no que o positivo, sen dúbida, foi o resultado.
Marcelo optou polo seguinte quinteto: Bizza-Lito-Jacobo-Luis e Jony, no banco: Esteban, Marcelo, Rober, Hugo e Borja.
A primeira metade resultou un cúmulo de imprecisións por parte de locais e visitantes, froito das cales, no minuto dous, adiantábase a S.D. Pazos. Gol con polémica éste, xa que nun despexe do Rececende, o balón bate na man de Luis e queda franco para que este recorte a un rival e fusile o porteiro.
Co 1-0 o encontro seguiría na mesma tónica, se ben era o Rececende quen tiña mais posesión.
Sen crearse perigo en ningunha das áreas transcurría o tempo, ata que, no minuto dezanove, é Lito quen nunha boa xogada persoal bate ó porteiro de tiro cruzado dende fora da área.
Parecía que se chegaría ó descanso con este 2-0, pero unha absurda sexta falta permitíalle ó rival recurtar distancias dende o dobre-penalti. 2-1 e descanso.
Na segunda metade non melloraría moito o partido, ainda que sí se verían mais ocasións de gol.
Voltaría a polémica nestes primeiros compases, posto que, no minuto dous, o dorsal 11 do Rececende é amonestado co seu segundo cartón amarelo e conseguinte expulsión por tentar facer gol coa man.
Nos seguintes dous minutos en superioridade, o Pazos non sería quen de anotar, unhas veces pola boa defensa rival e outras pola sua propia lentitude a hora de mover a bola.
Xa con igualdade de xogadores na pista chegaría o 3-1, cun punteirazo de Jacobo no minuto sete, e de seguido o 3-2; dando isto mostras do pouco control de xogo que había na pista.
Esta situación de idas e voltas favorecería ós nosos, quenes no minuto dez, lograban o 4-2 cun trallazo de Jony por toda a escadra, e no catorce, o 5-2 e 6-2 con dous goles de Luis, un aprobeitando unha contra e o outro de vaselina.
Xa co encontro agonizando chegarían os goles finais; o 7-2 por medio de Borja noutro bo contrataque, o 7-3 do Recencede en ataque co porteiro-xogador, e o definitivo 8-3 obra de Rober dende o seu campo.
Ó final, sensación extraña, porque a  pesares do gran resultado, o xogo do equipo non foi  nin de lonxe o agardado.
  
     

No hay comentarios: