Vistas de página en total

domingo, 14 de octubre de 2012

S.D. PAZOS Fútbol Sala 6 - 3 VILALBA F.S.

A S.D. Pazos logrou volver a gañar no seu feudo; nun partido no cal o mellor volveu a ser o resultado.
Marcelo dispuxo o seguinte quinteto: Bizza-Lito-Jacobo-Luis e Jony, no banco: Esteban, Marcelo, Rober, José e Borja.
O encontro comezou cos dous equipos tanteandose e cun ritmo algo lento, froito da escasa intensidade do noso equipo chegaría o primeiro gol do Vilalba; nunha paralela ben trenzada con pase ó segundo pau e remache á rede.
Con este 0-1 os nosos tentan ter maior posesión de balón e facer subir o ritmo de xogo, pero as imprecisións no pase fan que isto rara vez suceda.
A mediados do primeiro tempo sería Jacobo quen, nun libre directo establece o 1-1 cun duro punteirazo. Este gol parece motivar ós nosos que de seguido logran facer o 2-1, nunha IMPRESIONANTE¡¡¡ volea que caza José ó borde da área e que se cola por toda a escadra rival.
Nos minutos seguintes, e cos visitantes ainda algo aturdidos polo resultado, Lito rouba un balón en media pista e pásallo a José, quen, so diante do porteiro, volve a cederllo a  Lito para que este, a portería baleira, faga o 3-1.
Tería algunha ocasión mais o Pazos para matalo encontro, que non soubo aprobeitar, e como soe acontecer nestes casos, o rival  sí foi quen de facelo; nunha perfecta estratexia de corner coa que logran o 3-2. Con este marcador xa se chegaría ó descanso.
Na segunda metade o partido sería moi parecido, impreciso e sen un dominador claro.
Nos primeiros compases deste segundo tempo, sería Lito quen aprobeita un man a man co porteiro para batilo e subir o 4-2 ó electronico. Deste xeito, o partido poríase moi favorable para os nosos, xa que, co Vilalba índose arriba disposto a recurtar distancias, o Pazos disporía de multitude de cotrataques para sentenciar. A boa labor do porteiro visitante e as malas finalizacións dos nosos contribuirían a que o marcador non aumentase.
Sí se movería o marcador nun balón que, un xogador do Vilalba lle rouba a Jony sendo este último home, e so ante Esteban pon o 4-3.
Faltaban aínda sete minutos por transcorrer e o Vilalba metíase de cheo no encontro. Con ocasións para uns e outros chegábase ós intres finais, nos que o Vilalba opta pola táctica do porteiro-xogador.
A boa defensa do Pazos e un fantastico Jacobo fixeron o resto; dous balóns roubados polos nosos son magníficamente resoltos por el, con sendos disparos co exterior do pé dende o seu propio campo. Cun último tiro ó pau de Esteban chegábase ó final, 6-3 e tres puntos mais.
Encontro igualado aínda que os nosos dispuxeron de mais ocasións, e no que o Vilalba se mostrou coma un equipo moi serio.
Marcelo dixo ó final "volvemos a facer un partido moi xustiño, nada que ver co ritmo e intensidade da semana anterior""temos que mellorar moito para poder seguir arriba".
 

1 comentario:

Anónimo dijo...

Por fin puiden vervos un partido este ano, non destes a imaxe a que me tendes acostumado, pero estas victorias con xogo "xustiño" son as que te fan quedar arriba ao final, moita sorte chabales.

Fran