Vistas de página en total

domingo, 4 de noviembre de 2012

EYPAR MELIDE F.S. 2 - 8 S.D. PAZOS Fútbol Sala


14.JACOBO


A S.D. Pazos logrou en Melide unha importantísima victoria por 2 goles a 8 que a mantén unha semana mais nos postos altos da clasificación.
Marcelo repetía o mesmo quinteto da semana pasada, formado por: Bizza-José-Jacobo-Lito e Luis e contaba no banco con Esteban, Jony, Borja e el mesmo.
O encontro comezaba con maior dominio por parte dos nosos, e cun Melide metido no seu campo tentando sair á contra.
Co transcorrer dos minutos, e coa posesión do balón case que por completo no bando visitante, estes, comezaban a ter claras ocasións de gol. Non sería ata o  minuto oito e medio cando a insistencia atacante  dos de Pazos se vía reflexada no electrónico, Lito cun duro disparo dende fora da área puña o 0-1. Estaba leendo ben o encontro a  S.D. Pazos neses intres, xa que a pesar das ocasións erradas anteriormente, continuou con paciencia ata acadar o seu premio.
Co partido nos mesmos derroteiros, no minuto catorce chegaba o 0-2, xogada moi semellante a do primeiro gol, ainda que nesta ocasión sería Jacobo o que de forte punteirazo batía ó meta local. Resultado xusto ata ese momento, ainda que os locais tamén dispuxeran dalgunha contra perigosa ben resolta por Bizza.
Un minuto despoís do 0-2, Marcelo, aprobeitaba un rexeite do meta local  para facer o 0-3;resultado este co que xa se chegaría ó descanso.
Comezaba a segunda metade cun escenario similar o da primeira, pero cun conxunto local coas liñas moito mais adiantadas. Este cambio na defensa do Melide, e a volta a erros de partidos anteriores, trouxo consigo que, en dez pésimos minutos o marcador reflexara un inquietante 2-3. Bos minutos dos locais estes e horribles dos nosos, quenes se non chega a ser por un paradón de Esteban puideron ver como o encontro voltaba ás taboas.
Cos fantasmas da semana anterior rondando na cabeza, Marcelo opta por un tempo morto que parece centrar ó equipo, xa que, nos seguintes cinco minutos os de Pazos contan cun disparo ó longueiro de Luis e outro de Jony. No minuto quince e medio, Jacobo lograba con outro punteirazo lonxano o 2-4, traendo consigo algo de tranquilidade para afrontar os derradeiros minutos.
Nos catro minutos finais os  locais optan pola táctica de porteiro-xogador, estratexía coa que non logran inquietar a meta de Esteban e si afundirse no marcador. Un atentísimo Lito logra roubar tres balóns cos que, co primeiro fai o 2-5, co segundo cede a Luis para que anote o 2-6, e co terceiro sube o 2-7 ó marcador dende o  medio do campo.
Co encontro xa sentenciado, ainda habería tempo para que Luis e Borja erraran sendas ocasións de gol e para que,un pase de Jacobo ó segundo pau bata nun contrario e estableza o definitivo 2-8.
Partido no cal, tal vez se sufriu mais do debido polo bo resultado do primer tempo, e que recorda que nesta categoría como te despistes...
Esteban analizaba ó finalizar o encontro "mostrámonos superiores na primeira metade, tendo moito o balón e elaborando bastante as xogadas" "na segunda eles melloraron, e os primeiros minutos nosos foron moi malos, non sei se por relaxación ou polo seu xogo""por sorte hoxe si soubemos reaccionar a tempo". Jony tamén comentou que "nalgún momento pareceu que se podía repetir o da semana anterior, erras as que tes e xa se sabe".
NOVAMENTE GRAZAS Á SEIS DE PAZOS QUE NOS ACOMPAÑA SEMPRE!!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

A 6 DE PAZOS ISTO QUE A NOVA AUTOPISTA JEJEJEJE.