Vistas de página en total

viernes, 9 de noviembre de 2012

PREVIO PARTIDO CONTRA O 5 CORUÑA F.S.

Encontro importantísimo para a S.D. Pazos Fútbol Sala o que se disputará este sábado no municipal de Pazos de Borbén. O noso equipo, cuarto clasificado, recibe ó 5 Coruña F.S., segundo con dous puntos de ventaxa é un dos claros aspirantes ó ascenso.
Marcelo, o noso adestrador, comenta as suas impresións sobre o partido "recibimos a seguramente un dos mellores conxuntos da categoría, polo que teremos que mostrar a nosa mellor versión se queremos  facernos coa victoria" "o rival é o termómetro idóneo para saber a que podemos aspirar este ano, e ainda que a estas alturas ningún encontro e definitivo, si que pode deixar tocado ó que perda ". Logo de oito xornadas disputadas, por fin  Marcelo terá a todo o plantel a sua disposición.
O clube fai dende aquí un chamamento a tódolos seus aficionados para que veñan a animar ó equipo, o encontro disputarase no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.

No hay comentarios: