Vistas de página en total

lunes, 19 de noviembre de 2012

O´ESTEO F.S. 9 - 4 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Contundente derrota a sufrida pola S.D. Pazos Fútbol Sala na tarde de onte en As Pontes.
Marcelo dispuxo o seguinte quinteto inicial: Bizza-José-Lito-Luis e Jony e contou no banco con Esteban, Santi, Jacobo, Borja e el mesmo.
Comezou o partido do peor xeito posible para os nosos, xa que, os locaís, en cinco minutos de total efectividade, aprobeitaron as suas tres primeiras chegadas á meta de Bizza para poñerse 3-0. Apabullante resultado, ainda que algo engañoso, xa que, si ben o dominio do xogo era local, os  de Pazos dispuxeron de duas clarísimas ocasións de gol para estar metidos no encontro. Na primeira, Jony non chega por centímetros a un pase ó segundo pau, e na segunda, un  duro disparo de Luis bate no pau e vaise fora.
Cos nosos intentando reporse dos golpes, con incluso algún man a man de Lito contra ó porteiro, ben resolto por este, chegarían os seguintes goles ferroláns.
Si xa nos tres primeiros goles os despistes defensivos foran evidentes, nos tres seguintes todavía mais, faltas de entedemento con Bizza, un en propia meta de Jacobo á saída dun corner... e así ata o 6-0 co que se chegaría ó descanso. Conclusión, non era o día da S.D. Pazos, que a pesar de xogar regular e ir sempre a remolque, tivo ocasións para non acabar deste xeito o primeiro tempo; iso si, sen desmerecer a un líder que demostrou porqué o é.
No segundo tempo, o equipo, a pesar do resultado adversísimo tirou de casta e mostrouse como nos ten acostumados, presionante, rápido, peleón... pero a tarefa sería xa imposible. Ós trinta segundos de xogo, un  pase de Lito, aprobeitao Luis con algo de fortuna para poñer o 6-1, aínda que non duraría moito a alegría, posto que, os locais, uns minutos despoís finalizaban perfectamente unha contra para establecer o 7-1.
Seguiron remando os nosos ata  poñerse 7-3 con  sendos goles de Jacobo, o primeiro, remachando a rede un despexe do porteiro, e o segundo, un auténtico golazo dende o seu propio campo vendo ó porteiro un chisco adiantado.
Cun Esteban moi entoado, detendo un dobre penalti e iniciando a maioría dos ataques, os de Pazos volverían a dispor de ocasíons para recortar distancias. Pero, unhas veces a cruceta, como nun latigazo de Luis, outras o porteiro, coma nun bo tiro cruzado de Lito e outras o infortunio, coma nun remate de Santi no segundo pau, encargábanse de abortar calquer tipo de achegamento no electrónico.  
Con cinco minutos aínda por xogarse o O´Esteo faría o 8-3 de dobre penalti, e o 9-3  dende o seu campo xa co noso equipo con porteiro-xogador. O definitivo 9-4 estableceuno Luis a pase de José en xogada colectiva de cinco.       
Derrota clara aínda que tal vez algo abultada; cun O´Esteo F.S. que dominou o encontro e que foi debastador en ataque, e cunha S.D. Pazos que estivo moi mal en defensa, sobretodo na primeira metade, e que  adoleceu da pegada doutras ocasións.
Marcelo analizou ó final do encontro " na primeira metade saímos moi despistados e eles aproveitaron tódolos nosos erros""foron letais, e nós todo o contrario, por iso están onde están""gustoume moito a actitude da segunda metade, quédome con iso e con que dentro do malo seguimos terceiros""dende xa a pensar no próximo partido". Luis dixo "temos que seguir traballando igual que ata hoxe, eles son un equipo moi bo, con experiencia e cun obxectivo claro e distinto ó noso, ainda que nos non renunciemos a nada""estou orgulloso de TODOS por como afrontamos o segundo tempo cando o sinxelo era borrarse e deixarse ir".
    

No hay comentarios: