Vistas de página en total

viernes, 16 de noviembre de 2012

PREVIO PARTIDO CONTRA O O´ESTEO F.S.

A S.D. Pazos Fútbol Sala desprázase esta semana ata Ferrol na décima xornada da terceira división nacional. O rival nesta ocasión será nada mais e nada menos que o lider invicto da competición, o O´Esteo F.S..
Os ferroláns móstranse como un lider sólido, xa que, nas nove xornadas disputadas tan só cederon dous puntos no empate co ADFS Bueu.
O noso equipo, viaxa coa intención de sacar algo positivo e así poder continuar unha semana mais nos postos altos da clasificación.
Esteban, un dos nosos porteiros, que xa tivo ocasión de enfrentarse a este rival a tempada pasada, opina sobre el e sobre o encontro "tanto os resultados desta tempada como os da pasada falan por si sos""ó meu entender son o mellor equipo da categoría, cun plantel moi equilibrado e con boas individualidades como poden ser Pellón ou Bolly""en canto ó partido, penso que se somos capaces de dar un nivel semellante ó mostrado ante o 5 Coruña ou ó IES Coruxo teremos as nosas opcións ".
Marcelo non poderá contar esta semana con Rober por motivos laborais, e mantén ata última hora a dúbida de Hugo e Jacobo con sendas molestias.   
O encontro disputarase o domingo no pavillón municipal de As Pontes ás 18:30.

No hay comentarios: