Vistas de página en total

viernes, 23 de noviembre de 2012

PREVIO PARTIDO CONTRA O BURELA "B" FS P. RUBÉN

Despoís da dolorosa derrota da semana anterior na cancha do lider, a S.D. Pazos Fútbol Sala recibe no seu feudo ó Burela "B" FS P. Rubén. O  filial do conxunto de división de honra, visita Pazos na décima posición da taboa clasificatoria a tan só cinco puntos dos nosos; polo que o encontro antóxase clave tanto para uns coma para outros.
O  noso equipo tratará de continuar invicto na casa, e deste xeito, ademais de distanciarse do rival poder continuar unha semana mais nos postos altos da clasificación.
Para este encontro Marcelo, non poderá contar nin con Hugo nin con Jacobo, ambos baixa por lesión.
O encontro disputarase no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.

No hay comentarios: