Vistas de página en total

domingo, 25 de noviembre de 2012

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 4 BURELA "B" FS P. RUBÉN

A S.D. Pazos Fútbol Sala empatou a catro na tarde de onte ante o Burela"B", nun partido igualado e con alternativas no marcador para ambos bandos.
Os locais formaron con: Bizza-José-Lito-Luis e Jony e contaron no banco con Esteban, Marcelo, Rober, Santi e Borja.
Comezou o encontro con dominio dos visitantes, quenes impuxeron un ritmo moi alto durante todo o primeiro tempo. Os nosos, logo dos primeiros intres, nos que se mostraron algo confusos pola iniciativa visitante, entraron de cheo nese ida e volta no que se converteu o partido.
Logo dunha boa ocasión de Jony salvada baixo paus, e doutra dos visitantes que despexa Bizza, serían estes últimos os que se adiantarían no marcador. 0-1 no minuto oito tras unha parede ben executada que remata na escadra de Bizza.
Este gol pareceu espolear ós nosos, quenes  nos seguintes cinco minutos disporían de multitude de ocasións para igualar o encontro. Primeiro en dous clamorosos erros arbitrais que anulan dous man a man co poteriro do Burela "B" por falta previa a favor dos nosos, INCOMPRENSIBLE. Logo, un forte disparo ó pau de Jony, e mais tarde outro pau a tiro cruzado de Rober.
No minuto dezaoito os burelás poñían o 0-2 no electrónico, tras un contragolpe que plantou a dous xogadores diante de Bizza que nada puido facer. Antes deste gol, xa Bizza tivera que facer dúas grandes intervencións.
Por sorte, os nosos souberon reaccionar antes do descanso, e no minuto seguinte farían o 1-2.  Gol de Lito, quen logo de driblar un rival conectaría un zurdazo raso dende fora da liña de puntos.
Co 1-2 chegábase ó descanso.
O segundo tempo comezou cun Pazos mais dominante e que claramente se foi a polo encontro, non obstante, os de Burela, aproveitándose dun contragolpe, a piques están de facer o terceiro nun man a man con Esteban, detido por este de forma espléndida.
Seguiron os nosos tratando de empatar o encontro, e este chegaría no minuto seis. Xenial saque de porta de Esteban que deixa a Borja diante do meta rival, quen de tiro cruzado logra o 2-2. A pesar das taboas o partido continuaría polos mesmos derroteiros, con opcións para ambos bandos ainda que quizais mais para os locais.
No minuto doce o Pazos ponse por diante no electrónico, contra levada por Lito que cede a Jony para que a porta valeira estableza o 3-2. Non se relaxarían os locais a pesar do resultado favorable, xa que, no seguinte minuto, unha perfecta estratexia de corner e finalizada por Jose de duro disparo,4-2.
Co encontro xa de cara a S.D. Pazos segue dispoñendo de ocasións para aumentar a sua renta, pero que non é quen de materializar. A falta de catro minutos o Burela "B" opta polo porteiro-xogador,estratexia esta coa que en principio non logran crear demasiado perigo. Si o creaba o conxunto local, quen está a piques de sentenciar o encontro nun remate de Lito, que bate nos dous paus antes de ser despexado por un xogador visitante. A falta de trinta segundos a debacle, recurtan distancias os visitantes xogando de cinco, 4-3, Marcelo ten opción cun dobre penalti que despexa o porteiro,e a falta de dezasete segundos 4-4, gol en propia meta de Santi no seu intento de despexe dun novo ataque de cinco burelán. Con este resultado e sen tempo para mais remataria o encontro.
Partido cun ritmo alto que por momentos se converteu nun auténtico correrrúas, e que deixa os nosos cun sabor amargo, xa qe, como xa aconteceu no enconto co Carballiño F.S.,  perdéronse dous puntos no derradeiro minuto.
Marcelo deunos as suas impresións tralo partido. "Foi unha pena, posto que, volvemos regalar dous puntos nos segundos finais""costounos moito poñernos por diante, pero logo de logralo tivemos ocasións para matar o encontro""temos que mellorar o noso rendemento nos minutos finais dos partidos". 

No hay comentarios: