Vistas de página en total

viernes, 30 de noviembre de 2012

PREVIO PARTIDO CONTRA O C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO

Xornada número doce na terceira división do fútbol sala nacional, na que, a S.D. Pazos Fútbol Sala desprázase ata Lugo para enfrontarse o  C.F.S. Cidade de Viveiro.
O noso equipo, logo de dúas xornadas sen coñecela victoria, tratará nesta, de reencontrarse con ela a costa do conxunto viveirense. De seguro non será esta unha tarefa nada sinxela, se temos en conta que o rival tamén ten a necesidade de gañar para sair dos postos de abaixo, e que os nosos non acaban de sentirse cómodos lonxe do municipal de Pazos.
José, o capitán da S.D. Pazos, danos o seu punto de vista sobre este encontro " sería moi importante gañar en Viveiro, sobre todo para afrontar este final da primeira volta con opcións de estar arriba"" agardo un partido aberto posto que eles irán a polos tres puntos igual ca nos".
Marcelo, contará para este partido coas baixas de Hugo e Rober; logo dunha semana moi complicada para adestrar por lesións e motivos laborais. Aínda así, confía en aproveitar o bo momento de forma que están atravesando xogadores como José ou Borja.
O encontro disputarase no pavillón municipal de Viveiro ás 16:00.

No hay comentarios: