Vistas de página en total

domingo, 2 de diciembre de 2012

C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO 0 - 9 S.D. PAZOS Fútbol Sala

A S.D. Pazos Fútbol Sala logrou facerse cos tres puntos no encontro disputado onte ante o C.F.S. Cidade de Viveiro na Mariña lucense.
Marcelo optou polo seguinte quinteto: Esteban-José-Santi-Luis e Jony e contou no banco con Lito, Jacobo, Borja e el mesmo; non puido dispor de Bizza lesionado no quecemento.
O encontro comezou con susto para os visitantes, xa que, os locais disporían dunha clarísima ocasión de gol fantásticamente resolta por Esteban. Tras esta acción os nosos fixéronse donos do balón e das ocasións.
Nos seguintes dez minutos chegarían sete goles que deixaban o partido prácticamente sentenciado. O 0-1 obra de Luis finalizando unha estratexia de corner, 0-2 Lito batindo ó meta por entre as pernas logo dun saque de banda, 0-3 Jacobo dende fora da área, 0-4 Jony por riba do porteiro aprobeitando unha paralela de Borja, 0-5 GOLAZO de Jacobo dende o seu propio campo especialidade da casa, 0-6 Jony empuxa á rede unha asistencia de Lito, e o 0-7 anotaríao Santi no segundo pau tras outro bo pase de Lito. Con este resultado finalizaría o primeiro tempo.
Na segunda metade igualaríase algo mais o choque, ainda que serían os nosos os que aprobeitarían mellor as suas ocasións.
Ós sete minutos, Luis lograba o 0-8 nun man a man co porteiro despoís dunha contra levada por Marcelo, e uns intres mais tarde, Jony faría o que sería o definitivo 0-9 remachando un pase de José. Con alguha boa ocasión para os locais ben solventada polo noso porteiro, e sen moito mais que reseñar, remataría o encontro.
Partido este no que a S.D. Pazos mostrouse moi diciplinada e concentrada durante o mesmo, ante un rival xoven que o tentou pero que non tivo opción ante a pegada dos nosos.
Santi, que conseguía  a sua primeira victoria coa camiseta vermella, deixanos a suas impresións "estamos moi contentos con esta victoria, xa que era moi importante volver gañar tras duas xornadas sen facelo""fixemos un partido serio e case sen erros, no plano persoal tamén contento tanto polo gol  como pola adaptación ó equipo".     

No hay comentarios: