Vistas de página en total

domingo, 11 de noviembre de 2012

S.D. PAZOS Fútbol Sala 8 - 4 5 CORUÑA F.S.

Agardábase un interesante encontro na tarde de onte en Pazos, e a boa fe que o foi. Saltou a S.D. Pazos moi concentrada á pista, consciente do que se xogaba e contra quen xogaba. O quinteto inicial foi: Bizza-José-Lito-Jacobo e Luis, no banco: Esteban, Marcelo, Rober, Hugo, Jony e Borja.
Non pasaran nin trinta segundos cando, nunha boa triangulación dos nosos Luis convertía o 1-0 logo dun primer rexeite do porteiro. Púñase de cara o partido para os locais, quenes, co planteamento inicial de agardar en media pista continuarían a crear boas ocasións. No minuto seis e medio, tras un xenial pase por alto de Jacobo nunha saída de presión, sería Lito o que controlaba e, ainda co balón botando, fusilaba ó porteiro. 2-0 e moito por xogar.
No mintuto sete e co 5 Coruña tentando tomarlle o pulso ó encontro, chegaría outro mazazo para os visitantes, Jony roubaba un balón en tres cuartos de campo, e tras irse de dous rivais establecía o 3-0 de tiro cruzado. Resultado contundente dado a gran efectividade da S.D. Pazos, que seguía concentradísima tanto en defensa coma en ataque.
Poñíase moi costa arriba o partido para os visitantes, quenes, a pesar de ter a maior posesión, non lograban chegar ós dominios de Bizza con claridade.
No minuto dez o 4-0, pase preciso de José en profundidade que deixa a Luis so ante o porteiro, batendoo con absoluta tranquilidade. Continuaban poñendo terra de por medio os nosos, ata que no minuto seguinte, os colexiados sinalan un riguroso penalti que aprobeitan os visitantes, 4-1.
Nestes seguintes minutos, un pequeno baixón dos nosos e a calidade do rival fai que Bizza teña que lucirse cun bo par de paradas. Ainda así, os de Pazos saían con moito perigo á contra desperdiciando opcións claras de gol. Nunha desas contras, falta favorable para os locais que executa Jacobo, rexeita a barreira e o balón caelle a Luis, tiro deste que para o meta e Lito en segundo intento consegue o 5-1.
Parecía que se chegaría así o descanso, pero ainda quedaría tempo para que noutro eslalom de Jony, este ceda ó segundo pau e Jacobo libre de marca faga o 6-1. Marcador final do primeiro tempo.
Na segunda metade mais do mesmo, bola para os visitantes e os nosos a agardar e sair a contra. No minuto catro Luis rouba un balón en media pista, vaise en velocidade dun contrario e cede ó segundo pau para que Borja remache á rede,7-1.
No saque de centro seguinte, e vendo como estaba o encontro, os visistantes optan pola estratexia de porteiro-xogador. Daríalle bo resultado, posto que, a pesar das primeiras boas intervencións de Esteban, no minuto dez recurtaban distancias cunha perfecta xogada colectiva, 7-2.
A partir de aquí tolearía un pouco o encontro, a labor bastante frouxa dos colexiados para ambos bandos durante o encontro, acabaría por desquiciar ó 5 Coruña que se quedaba cun menos, situación ésta ben resolta polos nosos para lograr o 8-2 por medio de José. Espectacular a xogada deste gol no ataque catro para tres, na que, interviñeron tódolos xogadores ata desarbolar á defensa rival.
Nos derradeiros cinco minutos os arbitros expulsarían ó entrenador rival e ó porteiro titular por sendas protestas. Así e todo, o 5 Coruña  nunha falta directa maxistralmente executada e noutro ataque de cinco, xa no derradeiro minuto, establecía o definitivo 8-4.
Marcelo mostrábase satisfeito ó final do encontro "felicito a todo o plantel, dende os dous porteiros ata o xogador que menos minutos disputou, posto que hoxe démo-lo todo na pista e estivemos moi concentrados" "o rival ten moita calidade e experiencia, e nos soubemos estar á altura, leendo ben o que tocaba facer en cada momento" tamén quixo resaltar á afición "estiveron xenial animando sempre". Borja protagonista cun dos goles comentaba "saímos contentos co partido realizado hoxe, creo que todos aportamos o noso gran de area para facernos cos tres puntos".
Dende aquí felicitar a todo o equipo pola traballada victoria, e en especial a Marcelo pola magnífico rendemento que está a sacar dun plantel que mestura experiencia e xuventude a parte iguais.

No hay comentarios: