Páginas vistas en total

viernes, 8 de febrero de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O VILALBA F.S.

Durísima a saída que lle agarda esta semana a S.D. Pazos Fútbol Sala, os homes de Marcelo viaxan a Lugo para enfrontarse ó Vilalba F.S.. Non parece o rival mais axeitado o vilalbés, para sair da xeira de malos resultados na que se ve inmerso o conxunto de Pazos, non obstante, os nosos, irán con tódalas gañas do mundo a tentar facerse cos tres puntos en xogo.
Marcelo contará esta fin de semana  cun plantel asolado polas baixas. Non estarán para o sábado,  Bizza e José por motivos laborais, Lito por sanción, e Hugo por lesión. A pesar deste panorama o técnico de Pazos non tira a toalla " contamos con baixas importantes, pero estou convencido de que faremos un bo partido" " eles son un equipo moi complicado no seu feudo, polo que teremos que dalo todo se queremos gañar".
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Vilalba ás 19:00.

No hay comentarios: