Vistas de página en total

domingo, 10 de febrero de 2013

VILALBA F.S. 1 - 0 S.D. PAZOS Fútbol Sala

A S.D. Pazos Fútbol Sala volveu a caer derrotada nunha nova visita a Lugo, esta vez en Vilalba, ante o conxunto local. Os de Pazos deixárono todo sobre a pista, pero un Vilalba F.S. moi presionante, e a falta de acerto abocaron ós nosos á derrota.
Marcelo dispuxo este quinteto inicial: Esteban-Jacobo-Santi-Luis e Jony, no banco tan só puido contar con Bizza, Borja, e el mesmo.
Comezou o partido do xeito últimamente habitual, balón e dominio territorial do rival, e o noso equipo defendendo en media pista e tentando sair á contra. Tras uns primeiros minutos de tanteo, as ocasións comezaron a sucederse nunha e noutra porteria. Os vilalbeses con tiros exteriores que sempre se atopaban cun inspirado Esteban, e os visitantes con contragolpes que, unhas veces por erros propios e outras por paradas do meta local non acababan en gol.
Deste xeito transcorreu a primeria metade, sen poder conseguir ningún dos equipos decantar o marcador para o seu lado. 
Na segunda metade mais do mesmo, so que neste periodo os de Pazos inda se meteron mais atrás, froito en gran medida do desgaste feito anteriormente.
O Vilalba foise a procura do gol, poñendo en serios apuros a Esteban, que como empeza a ser costume volveu a ser o mellor dos vermellos. Cos da casa volcados en ataque, os visitantes dispuxeron de claras ocasións á contra, sobre todo nun pase de Jacobo ó segundo pau que, Borja libre de marca non conseguiu remachar á rede. Logo de toparse co longueiro nun remate anterior, no minuto once, nunha das chegadas tal vez menos claras dos locais chegou o 1-0, disparo lateral que queda morto na área, e o dorsal dezaseis libre de marca empuxa á rede.
Non se deixou ir S.D. Pazos nin polo gol nin trala expulsión de Marcelo uns minutos despois; e a pesar do ambiente hostil da bancada, conseguiu aguantar os dous minutos en inferioridade sen que se movese o electrónico. Xa con igualdade numérica no campo, cada vez que conseguía saír da presión, o noso equipo creaba perigo na meta local, nin Santi, nin Jony, nin Jacobo cun remate ó pau conseguirían empatar o encontro.
Nos derradeiros minutos intentouno o conxunto visistante co porteiro-xogador, pero xa sen folgos, non conseguiu crear perigo na meta vilalbesa.
Derrota que, dádalas circunstancias coas que se afrontou este choque, doe, pero igual menos que a perda de puntos anteriores.
Como positivo,a entrega e compromiso de todo o equipo, e o bo momento que atravesa Esteban, como negativo, a alarmante falta de gol que noutrora foi o punto forte.
Toca traballo e autoexixencia.
MOITAS GRAZAS a nosa afición fiel que nos acompaña e faise oir SEMPRE¡¡¡  

No hay comentarios: