Vistas de página en total

lunes, 25 de marzo de 2013

BURELA "B" FS P. RUBÉN 4 - 1 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Caeu derrotada a S.D. Pazos Fútbol Sala na sua visita a Burela. Os homes de Marcelo , foron por diante no electrónico a maior parte do tempo, pero o empuxe dos locais, xunto coa excesiva permisividade arbitral, fixo que o marcador se voltease nos derradeiros seis minutos.
Os visitantes formaron co seguinte quinteto: Bizza-Jacobo-Lito-Santi e Jony, no banco: Esteban, Marcelo, José, Borja e Luis.
O escenario do encontro foi semellante ós últimos, balón para o rival, e os nosos a tentar contragolpear. Así estivo definido o primeiro tempo, longas posesións do Burela "B", que circulaba con fluidez pero sen apiques  inquedar a Bizza, e perigosas contras dos de Pazos, quenes si dispuxeron de claras ocasións.
Destacar duas  antes do primeiro gol, unha nos pes de Borja, quen só ante o porteiro se atopou coa boa intervención deste, e outra  nun punteirazo de Lito, a cal obtivo identico resultado.
No minuto dez o 0-1, parede entre José e  Luis, que se vai en velocidade por banda, e á sua asistencia aprobeitaa Jacobo, quen bate ó meta por raso no man a man. Gol este que facía bo o plantexamento inicial, e que teóricamente aínda o faría mellor nos seguintes minutos, e así foi, pero a S.D. Pazos non o soubo aprobeitar.
Cuns locais que seguían ó seu, aínda que con maior presión e perigo, os visitantes, tiveron a posibilidade de irse ó descanso cun resultado mais tranquilizador. Primeiro tras unha estratexia de corner que se lle vai fora por pouco a Lito, e nos segundos finais, nun dous para un  co porteiro entre Santi e Borja, que non son capaces de finalizar. Co escueto 0-1 finalizaba o primeiro tempo.
Na segunda metade as intencións serían as mesmas, pero a execución das mesmas non tivo nada que ver.
Os da casa subiron mais a intensidade, entrando ó limite en varias accións, mentras que os nosos aguantaron mentres lle durou o físico. Logo de case dez minutos de imprecisións por parte visitante, e de estéril dominio local, chegouse ó desenlace. 
Lito a piques estaría de facer o segundo a falta de once, pero o seu disparo lonxano pegaría no pau, e cando quedaban sete minutos o empate. Xogada ben elaborada do Burela "B", desaxuste defensivo nun bloqueo, e gran resolución dun xogador burelá ante Esteban, 1-1. Mazazo do que a S.D. Pazos xa non se repuxo. Un minuto mais tarde o 2-1 e a polémica, clamorosa falta na presión sobre Luis, que acaba con este no chan e nun dous para un con Esteban que remata en gol. Grave erro arbitral, moi desacertados en varias accións semellantes durante toda a tarde.
A pesar de todo tentárono os nosos, tivoa José, de forte disparo que se foi a corner, tivoa Luis a queimarroupa, nova parada, e tivoa Jony, foise lambendo o pau. Non puidemos, e a falta de dous minutos e pouco o 3-1, balón longo que non consegue despexar Lito de cabeza, e recolleo o dorsal once para a reviravolta bater a Esteban.  
Os derradeiros minutos so darían para un deslabazado xogo de cinco visitante, co que se contribuiu ó definitivo 4-1, conseguido de remate dende o seu campo por un xogador burelá.
Esteban resumia o choque ó final "o erro arbitral claro que condiciona, pero non temos excusa, a segunda parte estivemos mal" "se en partidos coma este non metes as que tes, o final soe ser este".
 
   
 

No hay comentarios: