Páginas vistas en total

viernes, 5 de abril de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O C.F.S CIDADE DE VIVEIRO

A falta de catro xornadas para o remate da liga, e trala decepción sufrida coas derrotas nos dous últimos choques, a S.D. Pazos Fútbol Sala recibe na casa ó antepenúltimo clasificado, o C.F.S. Cidade de Viveiro. Os nosos xa non dependen de si mesmos para acadar o subcampeonato, pero se queda algunha opción de facelo, esa pasa por gañar os encontros que restan.
Os de Viveiro, pola sua banda, tratarán por tódolos medios de sumar e tentar afastarse do descenso, xa que, se na parte alta da clasificación a cousa está apretada, na de abaixo, acontece outro tanto do mesmo.
Marcelo sancionado terá a sua disposición o resto do plantel, a pesar de que o equipo volveu a non poder adestrar con normalidade nestas duas semanas, a escaseza de efectivos por unhas cousas ou por outras foi a tónica dominante, por exemplo Lito, Bizza, ou Luis apenas contan  cun día de adestramento. De tódolos xeitos o obxetivo está claro, GAÑAR.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00. 

No hay comentarios: