Páginas vistas en total

viernes, 1 de marzo de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O EYPAR MELIDE F.S.

Nesta xornada, a número vintetres, a S.D. Pazos Fútbol Sala recibe no seu feudo ó Eypar Melide F.S..
Os nosos, logo dun comezo de segunda volta algo titubeante, parece que se van atopando mellor nestas últimas xornadas. Tralas victorias ante o Xove F.S. e o Carballiño F.S., a confianza de poder rematala tempada nos postos nobles da clasificación foi en aumento.
O encontro ante os melidenses, penúltimo clasificado, podería parecer sinxelo a priori, pero nada mais lonxe da realidade. O cadro coruñés, atópase metido de cheo na loita por evitar o descenso, motivo este, polo cal serán aínda mais perigosos.
José o capitán, coméntanos o seu parecer sobre este choque "este partido e dos que hai que gañar, sen excusas," " claro que resultará dificil, eles xóganse tanto ou mais, pero nos temos que demostrar na pista a diferencia que hai na táboa clasificatoria".
Marcelo seguirá sen poder contar outra semana mais, nin con Bizza, nin con Hugo.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.
 

No hay comentarios: