Vistas de página en total

domingo, 24 de febrero de 2013

CARBALLIÑO F.S. 1 - 7 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Tres valiosos puntos acadou onte sábado a S.D. Pazos Fútbol Sala, os cales lle permiten unha semana mais manterse na segunda posición da taboa clasificatoria.
Marcelo dispuxo o seguinte quinteto: Esteban-Lito-Jacobo-Luis e Borja, para os cambios agardaban José, Santi, Jony e el mesmo.
Os minutos iniciais foron de tanteo entre ambos conxuntos, que trataban con boas transicións de achegarse á meta rival. No minuto tres chegaba o primeiro dos de Pazos, combinan Luis e Lito, e este último cede a Jacobo, quen de punteirazo lonxano fai o 0-1.
Caeuse moralmente o Carballiño con este gol, comezando a perder balóns con suma facilidade. Aproveitaron os nosos esta situación, xerando nos seguintes minutos varias ocasións de gol, no minuto sete, un defensa salva baixo paus un remate de Santi, logo sería Jacobo quen non acertaría ante o porteiro, e así ata o minuto once. Roubo na presión dos nosos, e Jacobo só ante o meta pícalle o balón con sutileza, 0-2.
Non se relaxou a S.D. Pazos, quen, na seguinte xogada de ataque anotaba o 0-3. Preciosa triangulación entre Luis e Jacobo, e pase deste ó segundo pau para que Borja empuxe á rede.
Sentíanse cómodos os visitantes sobre a pista, concentrados en defensa, cun seguro Esteban, e con bastante fluidez en ataque, finalizando tódalas xogadas.
No minuto dezaseis o 0-4, contragolpe rapidísismo que deixa a Luis e Jony diante do porteiro, e este, fusilao por alto.
Nos derradeiros minutos ainda habería tempo para que Luis estrelase un tiro ó pau en estratexia de corner, o Carballiño disparase o longueiro, e Lito e Borja non se entenderan nun claro dous para un co porteiro.
Boa primeira parte da S.D. Pazos que puido irse ó descanso cun resultado de escándalo, ante un rival que, a pesar de ter claridade cando tiña a bola, sufría moito sen ela.
O segundo tempo foi outra cousa, os nosos baixaron a sua intensidade, e os locais comprobaron o magnífico estado de forma que atravesa Esteban.
Duas tremendas intervencións do meta de Pazos, deron paso a unha clarísima ocasión de Jony, que non acertou coa portería logo dun rexeite do porteiro a disparo de Lito.
No minuto catro e medio o 0-5, saque de banda favorable ós vermellos, pase de costas de Jacobo a Lito, que marca de tiro cruzado.
No minuto seis, os da casa optan pola estratexia de porteiro-xogador. Non conseguirían recurtar distancias a pesar de contar con algunha boa opción, a defensa dos nosos, e como non Esteban, evitaron calquer tipo de achegamento no marcador.
O 0-6 chegaría dende o punto de penalti, rouban os nosos no xogo de cinco, tira Lito, e un defensa detén coas mans dentro da área. Jacobo non perdoaría dende o punto fatídico.
Continuaron os locais a tentalo co xogo de cinco, pero a sorte tampouco parecía estar do seu lado, noutro roubo, Jacobo dende o seu campo establecía o 0-7. Incontestable a efectividade de Jacobo neste tipo de disparos con e sen porteiro, conseguendo con este, sete goles no que vai de tempada. Non sería ata o minuto quince cando o Carballiño inagurara o seu casilleiro, boa xogada de todo o equipo que remata cun taconazo imposible para Esteban,1-7.
Ata o final, chegadas dos ourensás desbaratadas entre a defensa e porteiro, e contragolpes desaprobeitados polos de Pazos, unhas veces por erros na finalización, e outras por culpa da cruceta coma nun gran disparo de José no derradeiro minuto. 
Marcelo mostrábase contento ó remate do choque "tres puntos mais e un partido menos, xogamos ben hoxe, excepto os minutos finais nos que perdemos por completo a concentración" "destaco a todo o grupo, con minutos repartidos sen notarse diferencia".
 
 

No hay comentarios: