Vistas de página en total

viernes, 26 de abril de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O CAFyD

Esta fin de semana dispútase a derradeira xornada na terceira división do fútbol sala nacional. A S.D. Pazos Fútbol Sala afrontará esta consciente de que, de gañar, acadará o subcampeonato; mellor clasificación na historia do club. 
O rival de enfronte será o CAFyD, penúltimo clasificado nestes intres, e ó que só lle serve gañar para ter algunha opción de manterse na categoría. Ainda de facelo, debera agardar a derrota do Eypar Melide F.S. no seu encontro.
Final pois para ambos conxuntos, na cal, a pesares da diferencia de obxetivos a ambición por gañar será a mesma.
Marcelo, adestrador dos vermellos fálanos sobre o choque "estamos ante unha final, de gañar recibiríamos o premio ó traballo e á constancia de todo o ano" "agardo un encontro complicado, debido á necesidade de sumar dos dous conxuntos, pero confío en que demostremos o porqué da nosa clasificación" "coa concentración e sacrificio das últimas xornadas o obxetivo resultará mais doado". Jacobo, un dos protagonistas dos de Pazos nesta campaña, tamén nos da o seu parecer "penso que eles non son o peor segundo equipo da liga, pero a clasificación nestes momentos é a que é" "teñen calidade, e para nada nos sorprende o seu bo tramo final, teremos que estar ó cen por cen para gañar".
O noso equipo desprázase coas baixas de, José, cunha torcedura nun nocello, e a xa sabida de Hugo.   
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal Manuel Coto Ferreiro de A Estrada (pista alternativa á habitual de Marín, escollida polo CAFyD dado a imposibilidade de utilizar esta) ás 18:00.
Afición necesitámoste, co teu alento o subcampeonato e posible. VAMOS PAZOS!!!
            

2 comentarios:

DIEGO dijo...

Teneis que demostrar lo mucho que valeis....pero para mi ya demostrasteis toda la calidad humana y futbolistica que teneis.

PARME ;)

Anónimo dijo...

Ti si que eres grande Parme