Vistas de página en total

domingo, 21 de abril de 2013

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 3 LEIS PONTEVEDRA F.S.

A S.D. Pazos Fútbol Sala logrou de forma merecida, a tenor das ocasións de uns e outros, aínda que con incertidume ata o final, os tres puntos que estaban en disputa na tarde de onte en Pazos.
Marcelo puxo en liza o seguinte quinteto: Bizza-José-Santi-Jacobo e Luis, e no banco contou con: Esteban, Lito, Jony, Borja e el mesmo.
Os visitantes saltaron a pista cun plantexamento moi claro, balón para os locais, atrincheirados en dez metros, e tratar de aprobeitar calquer posibilidade de contragolpe. Os nosos, tamén sabían o que tocaba, tentar circular con velocidade, tiro exterior, e xogo co pivot. Deste xeito transcurriría case todo o encontro.
No minuto dous de xogo terían a primeira os vermellos, parede entre Jose e Luis dentro da área, e o remate do capitán envíao a corner o meta do Leis. As duas ocasións seguintes serían para os pontevedreses, gol incluido na segunda. A primeira nunha saída á contra dous para un con mal último pase, e a outra en idéntica situación, aínda que neste caso, con remate final que acaba na escadra de Bizza, 0-1 minuto catro.
Inquedanza nos de Pazos tralo gol, o balón non se conseguía  mover con rapidez, escasos disparos á porta, e o Leis que se mostraba seguro metido na sua área agardando unha contra . Teríana no seis, Bizza atentísimo evitaba o segundo. Apretaron os dentes os locais vendo como os pontevedreses non ían a regalar nada, nun saque longo de Bizza, Luis, estrelaba o balón no pau tras poñela por arriba do porteiro.
Con total monopolio da posesión, os nosos, seguiron na procura do empate con escasa fortuna; ocasión a disparo de Lito, un rival salva baixo paus, disparo de Luis que o porteiro saca cunha estirada...
O premio ó empuxe da S.D. Pazos chegaba no minuto dezaseis, como xa fixera no encontro co C. de Viveiro, Jacobo, en posición de pivot, poñía as taboas co calcaño, 1-1. Cun zapatazo de José que batía nun defensor, remataba o primeiro tempo.
O segundo periodo comezou do mellor xeito posible, no segundo minuto de xogo, un pase de Jacobo dende a lateral, cazabao Luis coa punteira anticipándose a porteiro e defensor, establecendo o 2-1.
Coa tranquilidade de ir por diante no marcador, chegarían os mellores momentos dos nosos. O Leis continuou moi disciplinado en defensa, pero abríndose moito mais na procura do empate. Puido aumentar a ventaxa Lito no minuto seis, o seu latigazo cruzado pegaba no poste, volveríase a atopar con este novamente uns minutos mais tarde.
Non aprobeitaba o dominio o conxunto de Marcelo e a piques estivo de pagalo, Bizza perfecto, atallaba un man a man con Eloy no doce. Por sorte do susto pasouse á ledicia, no catorce, un disparo exterior de Jacobo rexeitabao o meta, pegaba nun defensor, e íase dentro, 3-1.  E no quince o 4-1, asistencia co exterior de Jacobo cara Luis, e este, dende o borde da área anotaba de primeiras.
O leis non se ia deixar ir e no saque de centro xa apostaba pola táctica do porteiro-xogador. Logo de mover con paciencia, no dezasete facía o 4-2, boa xogada convinativa que desarbolaba a nosa defensa. No minuto dezaoito o 4-3, novo ataque de cinco, pase que logra curtar Santi, non atalla Bizza, e o balón queda morto para que Eloy o fusile, había que sufrir.
No derradeiro minuto puido pasar calquer cousa, unha cabalgada de Santi case a machaca Lito en boca de gol, pero conseguiría rexeitar un defensa. A falta de oito segundos ocasión para os de Pontevedra, Luis polo chan evitaba un remate franco, e na derradeira acción, Lito case marca dende o centro do campo coa portería baleira. Ó final non se movería o electrónico.
Victoria traballadísima ante un rival que non viu de paseo a Pazos, e o cal o seu plantexamento riguroso e ultradefensivo case lle permite levar algo positivo.
Que decir a estas alturas dos de Marcelo, técnico que está a conseguir sacar o mellor de cada un, e facendo que todos sexan igual de importantes. Deixáronse a pel no campo, non se desesperaron nos malos momentos, e buscaron os tres puntos de tódolos xeitos que puideron. NORABOA¡¡¡
  
 

3 comentarios:

MARCOS dijo...

ENHORABUENA CHABALES AHORA A REMATAR A FAENA NO ULTIMO PARTIDO
PORQUEN PASE O QUE PASE SODES GRANDES ORGOLLOSO DE FORMAR PARTE DE ESTE GRUPO HUMANO

Anónimo dijo...

Bien Marcos bien, totalmente dacordo, sabado todos a marin!!!!!!! Fran

Anónimo dijo...

Grazas a xente como vós (Marcos, Mon, Fran, Celo, Ferre, etc...) que traballades por este clube dende a sombra é posible chegar onde chegamos. Grazas tamén a unaha enorme aficción que empurra por este equipo cando lle fai máis falla. Por todo isto é posible que o nome do SD Pazos resoe por toda Galiza.
Nº 13.