Páginas vistas en total

jueves, 18 de abril de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O LEIS PONTEVEDRA F.S.

Este sábado, na que será a penúltima xornada da terceira división do fútbol sala nacionmal, a S.D. Pazos Fútbol Sala enfrontarase ó Leis Pontevedra F.S..
Os homes de Marcelo, terán enfronte a un rival en situación semellante ó da semana pasada, noveno clasificado, con opcións de escalar algún posto na clasificación, e coa tranquilidade de ter os deberes feitos. Os nosos, inmersos de cheo na loita polo segundo posto, volverán a ter que intentar gañar para poder chegar con opcións á derradeira xornada.
Como a gran maioría dos encontros deste ano, seguro non será sinxelo. Agardemos que a boa imaxe ofrecida en Bueu a semana anterior se poida repetir, e así despedir esta tempada do municipal de Pazos como a nosa afición se merece.
Para esta ocasión Marcelo terá dispoñible a todo o plantel.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.   

No hay comentarios: