Vistas de página en total

martes, 30 de julio de 2013

PRETEMPADA 2013/14

Trala meritoria clasificación acadada na tempada pasada, a S.D. Pazos Fútbol Sala prepárase para a que será, a sua terceira campaña na 3ª división do fútbol sala nacional.
A intención do club, a pesar da escaseza de recursos, non é outra que a de continuar consolidándose nunha categoría tan competida como esta, e quen sabe se algún día aspirar a cotas mais elevadas.
Do mesmo xeito dende tódolos estamentos do club, tentouse manter o grupo que tan bos resultados colleitou o ano anterior. En gran medida ese obxetivo semella cumprido.
O primeiro paso foi atar a continuidade do adestrador, tanto directiva, como os propios xogadores consideraban fundamental a sua presenza. Marcelo continuará dirixindo ós nosos dende o banco este ano.
O segundo foi tentar renovar a totalidade do plantel, en parte tamén se conseguiu, en principio só Esteban e Jacobo non continuarán no equipo. Os dous canteiráns de Pazos abandoan a disciplina vermella por diferentes motivos.
Esteban tras rematar a tempada xa comunicou que nos deixaba, motivos persoais levárono a tomar esta decisión. Jacobo pola sua banda, tra-la intención inicial de seguir, decidiu aceptar nestes últimos días a proposta que lle fixo chegar o Bembrive F.S.. Dende o club, desexarlle sorte nos seus novos proxectos.
En canto ás incorporaciós, a día de hoxe só se pode dar por pechada unha, Mikel. Quen despois duns anos xogando de xeito mais amateur, e de ser elexido mellor xogador da liga local do concello, regresa ó club que o veu nacer. BENVIDO MIKEL!.
Nestes días iremos dando conta de tódalas novidades que se  produzan ó carón do equipo.
A maquinaria da S.D. Pazos Fútbol Sala xa comezou a traballar...

  

2 comentarios:

Anónimo dijo...

animo rapaces! A marea tamen esta de volta!

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.