Vistas de página en total

sábado, 7 de septiembre de 2013

XXIII COPA XUNTA DE GALICIA TEMP. 2013/14

A S.D. PAZOS Fútbol Sala disputará nas vindeiras semanas a que será a sua segunda presencia na Copa Xunta de Galicia.
Os nosos acceden a esta competición, froito do subcampeonato acadado na tempada pasada; a anterior participación lográrase grazas á consecución do título de campeóns de autonómica da tempada 2010/11.
Na primeira experiencia no torneo, os de Pazos, lograran pasar a primeira fase de grupos, caendo eliminados a mans do Autos Lobelle F.S. na seguinte rolda de cuartos de final.
Os conxuntos participantes nesta edición son os seguintes:
  1. SANTIAGO FUTSAL ( 1ª DIV. )
  2. AZKAR LUGO F.S. ( 1ª DIV. )
  3. C.D. BURELA FUTBOL SALA ( 1ª DIV. )
  4. NOIA FS ( 2ªB DIV. )
  5. O PARRULO FS ( 2ª DIV. )
  6. CIDADE DE NARÓN FUTSAL ( 2ªB DIV. )
  7. O´ESTEO F.S. ( 2ªB DIV. )
  8. S.D. PAZOS Fútbol Sala ( 3ª DIV. )
  9. TROULA FS ( 3ª DIV. )
  10. C.P. CASÁS F.S. ( AUTONÓMICA )
  11. TALLERES ABC - FUTSAL VIGO ( AUTONÓMICA )
  12. F.S. CONCELLO DE MOS ( AUTONÓMICA )
Composición dos grupos 1ª fase:
  • GRUPO "A": O PARRULO FS, S.D. PAZOS Fútbol Sala, TALLARES ABC - FUTSAL VIGO, TROULA FS.
  • GRUPO "B": CIDADE DE NARÓN FUTSAL, O´ETEO F.S., F.S. CONCELLO DE MOS, C.P. CASÁS F.S. 
  • Exentos 1ª fase : SANTIAGO FUTSAL, AZKAR LUGO F.S., C.D. BURELA FUTBOL SALA, NOIA FS
Á 2ª fase de cuartos de final acceden os dous primeiros clasificados de cada grupo mais os catro conxuntos exentos da 1ª fase.
As datas e horarios dos encontros da S.D. PAZOS Fútbol Sala quedán deste xeito:
 
S.D. PAZOS Fútbol Sala - TALLERES ABC/FUTSAL VIGO
( Día 17 de septembro ás 21:00 no pabellón municipal de Pazos de Borbén )
 
TROULA FS - S.D. PAZOS Fútbol Sala
( Día 21 de septembro ás 18:00 no pabellón municipal de Miño )
 
S.D. PAZOS Fútbol Sala - O PARRULO FS
( Por confirmar )
 
 
 
 


No hay comentarios: