Vistas de página en total

domingo, 8 de septiembre de 2013

FICHAXES 2013/14

A S.D. PAZOS Fútbol Sala cerrou esta semana duas novas incorporacións, as cales se unen á xa anunciada de Mikel. Os xogadores en cuestión son Jorge e Remo.
Jorge ven a cubrir o oco deixado por Esteban na portería, o porteiro vigués militou a tempada pasada no Leis Pontevedra F.S. e anteriormente fixoo con éxito no Bembrive F.S., conseguindo na tempada 2011/2012 o ascenso á segunda división B.
Remo pola sua banda, pásase ó mundo do fútbol sala procedente do C.D. Cesantes de fútbol once.
O xoven xogador redondelán pasou prácticamente toda a sua vida deportiva enrolado no C.D. Choco, competindo dende as categorías inferiores ata chegar ó primeiro equipo de rexional preferente.
Con estas duas fichaxes o equipo de Marcelo vai tomando forma, a expensas dunha posible última incorporación coa que se daría por cerrado o plantel. O club segue traballando na chegada dun xogador de calidade contrastada e con experiencia na categoría.
BENVIDOS Jorge e Remo!!!.      

No hay comentarios: