Vistas de página en total

sábado, 28 de septiembre de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA A A ESTRADA FUTSAL

Esta fin de semana comeza a terceira división nacional no grupo galego. A S.D. Pazos Fútbol Sala, xogará contra a A Estrada Futsal, equipo de nova formación pero con xogadores experimentados nesta categoría e superiores. Os Fabián, Marcos Sesar ou Pablo Tojo xunto con Juancar dende o banco, falan ás claras dun conxunto a ter moi en conta este ano.
Os nosos afrontan este encontro coa intención de sumar os primeiros puntos, xa que, co nivel a priori deste ano, cada partido resultará unha tarefa nada sinxela.
Marcelo poderá contar para o debut con todo o plantel a excepción de José, o capitán, que espera recibir o alta para a próxima xornada.
O encontro disputarase o domingo no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 12:00.

No hay comentarios: