Páginas vistas en total

domingo, 29 de septiembre de 2013

S.D. PAZOS Fútbol Sala 7 - 5 A ESTRADA FUTSAL

Moi entretido resultou o partido desta mañán no municipal de Pazos de Borbén, con dous conxuntos que deixaron o que tiñan na prol dos tres puntos, e no cal, a pegada dos nosos resultou determinante.
Marcelo dispuxo o seguinte quinteto: Jorge-Hugo-Lito-Luis e Jony, no banco: Bizza, Santi, Remo, Mikel e Borja.
O encontro comezou cos dous equipos tratando de impoñerse, e con algunha boa opción para ambos, resoltas con acerto tanto por Jorge como polo meta visitante. Sería no minuto nove cando Santi dispón dunha moi clara. Lito dribla a tódo-los rivais que lle saen ó paso, ante o meta cede a Santi, o duro remate deste con todo a favor bate no longueiro.
Continuou o toma e daca nos vindeiros minutos, opcións nos pes de Mikel e Lito e tamén no bando visitante.
Sería a falta de dous minutos cando os estradenses toman ventaxa, conexión co pivot, e punteirazo á rede de P. Tojo ante un vendido Jorge, 0-1. Este gol matou ós de Pazos, e só unha incrible man de Jorge evitou que se foran ó descanso con peor resultado.
A segunda metade foi ben distinta en canto a efectividade de cara a porta, o resultado decantouse do lado local, grazas en boa medida, ó maior ímpetu.
Ós cinco minutos o 1-1, slalom polo medio de Lito que define de tiro cruzado. Importantísimo resultaría  moralmente o empate, os nosos voltaron a creer na victoria e volcáronse a por ela.
No minuto oito o 2-1, Jony rouba un balón en media pista, dribla a un rival e fusila ó porteiro; antes Borja de falta directa a piques estivera de conseguilo.
Un minuto mais tarde o 3-1, Lito avanza polo centro e cede a Luis, este de primeiras bate ó meta no segundo pau. Mais moral para un intenso final.
Os seguintes tres minutos serían desconcertantes, primeiro Bizza detén un dubidoso penalti sinalado a Lito, logo Moro a media volta na área fai o 3-2, e no doce, Rafita volve a por as taboas por entre as pernas de Bizza. Volta a comezar.
Co xogo parello, pero con maior intensidade nos vermellos e cunha afición volcada, os tres puntos ficarían en Pazos.
Minuto trece, Luis plántase ante o porteiro, pícalle a bola ante a sua saída, e a pesar do intento de despexe dun rival sobre a liña, o balón remata na rede, 4-3.
Hugo uns segundos mais tarde puido por terra de por medio, o seu remate franco iríase fora por pouco.
Si o faría Jony a falta de seis minutos, rouba nunha asfixiante presión e volve definir con violencia, 5-3.
Parecia rematar aqui o choque, pero trinta segundos despoís, Moro, establecía o 5-4 de dobre-penalti. Tocaría pelexar ata o final, os da A Estrada ían vender cara a derrota.
A falta de catro minutos e medio o 6-4, milimétrico pase en longo de Bizza cara Luis, que controla, e asiste a Santi para que anote a pracer.
Con tres minutos para o final os visitantes optan polo xogo de cinco. Bizza evitaría maiores problemas baixo os paus, e Luis, poría o 7-4 a falta dun minuto definindo ante o porteiro-xogador tras roubar na presión. No derradeiro ataque con esta táctica, Fabi, subía o marcador o definitivo 7-5. 
Importantes puntos cheos de entrega ante un rival de calidade que puxo as cousas francamente difíciles.    
 
 
 

No hay comentarios: