Vistas de página en total

miércoles, 18 de septiembre de 2013

S.D. PAZOS Fútbol Sala 5 - 2 TALLERES ABC - FUTSAL VIGO

A S.D. Pazos Fútbol Sala colleitou os seus primeiros tres puntos na Copa Xunta a costa dun duro rival como resultou ser o Talleres ABC - Futsal Vigo. Os nosos, sabedores de que ós vigueses prácticamente só lles valía a victoria, optaron por deixar a posesión ó contrario e tratar de sair á contra. Nesta ocasión, e a tenor do resultado, a estratexia resultou a idonea.
O primeiro quinteto da tempada de Marcelo foi o formado por: Bizza-Hugo-Santi-Luis e Jony, no banco: Remo, Lito, Borja e Mikel. Non puideron disputar este encontro nin José (lesión), nin Jorge (motivos laborais).
O primeiro tempo trascorreu co maior dominio territorial do bando visitante, e cos da casa, aproveitando cada erro na circulación para facer dano ó contragolpe. No minuto quince, e tras alguha boa ocasión dos vigueses ben resolta por Bizza, o 1-0 subía ó marcador. Sería Jony, quen roubaba un pase na área contraria e fusilaba a Toni.
Acusou o golpe o Talleres ABC, e mais ainda por que tan só un minuto despois chegaba o 2-0. Novo roubo esta vez de Luis, quen se planta diante do porteiro e cede atrás, Santi aseguraría o disparo dende a liña de puntos.
Nos derradeiros cinco minutos deste primer periodo e afincados nunha boa defensa, a S.D. Pazos atoporía o seu mellor xogo.
No minuto dezaoito o 3-0. Perfecta estratexia de corner finalizada por Lito de magnífico latigazo.
Antes de ir ó descanso, boa ocasión para o Talleres ABC, e mellor aínda para os de Pazos. Luis, non chega por milímetros ó segundo pau a unha asistencia de Mikel.
Na segunda metade a posesión do balón foi monopolizada polos de Vigo, mentres os locais, seguían ó seu, tratar de evitar as embestidas e á mínima opción finiquitar o choque.
A presión e ocasións eran unhas veces detidas polo bo facer de Bizza, e outras desbaratadas pola nosa ferrea defensa.
No minuto cinco o rival acurtaba distancias. Falta directa que pasa entre a barreira establecendo o 3- 1. Xa case ata ó final infructuoso acoso vigués, que vendo como caían os minutos, opta polo porteiro-xogador a falta de sete minutos. Aquí rematouse o conto.
Logo de perder o balón nun mal ataque, Bizza saca longo cara Luis, este, tras deixar atrás a rivais e porteiro, e case sen angulo, anota o 4-1.
O 5-1 no minuto quince. Saque rápido de banda de Lito cara Luis que, ante a presión do porteiro-xogador, opta polo disparo por alto.
Nos derradeiros minutos de xogo, o Talleres ABC, tirando de coraxe, lograría o definitivo 5-2.
Victoria sufrida, ante un rival con experiencia e que se coñece á perfección, pero que refrenda o que Marcelo pretende: "SER UN EQUIPO".
O vindeiro partido de Copa Xunta será este sábado ante outro duro rival como é o Troula F.S.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Grande xavales,moi bo partido!!!!sorte o sabado e a x eles

Anónimo dijo...

Estamos na loita!!!!!!!!!