Vistas de página en total

lunes, 23 de septiembre de 2013

TROULA F.S. 6 - 2 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Contundente derrota a sufrida pola S.D. Pazos na sua visita en Copa Xunta ó Troula F.S..
Os coruñeses foron mellores que os nosos na tarde do sábado, cun gran nivel técnico, sabendo xogar co ritmo do partido, e sendo moi efectivos de cara a porta.
Pola nosa parte, erros graves en polo menos catro dos seis goles, imprecisos na circulación, faltos de pegada, e cada vez mais desordeados según ía avanzando o choque. Como nota positiva, o de sempre, coraxe, entrega, e loita ata o final.
O quinteto inicial estivo formado por: Jorge-Santi-Lito-Luis e Jony, no banco: Bizza, Hugo, Remo, Mikel e Borja.
Os primeiros compases estiveron marcados pola igualdade, os dous conxuntos tanteábanse dispondo de boas ocasións ben resoltas polos metas.
No minuto sete inaugurábase o marcador, erro no pase de Lito ante a presión local, e disparo franco dende o borde da área, 1-0.
Este gol non fixo variar en nada ambos plantexamentos, os dous equipos continuaron ó seu nos seguintes minutos. No dez, Borja aproveitaba un rexeite a disparo de falta de Lito, para en boca de gol asinar as taboas,1-1.
O Troula F.S. dominaría mais nos seguintes minutos, castigando cada erro defensivo dos de Pazos.
O 2-1 no min. trece, un para un en banda e definición de empuxar no segundo pau, nin cobertura nin contundencia defensiva no bando vermello. Respostaríamos con forza nas próximas accións, ainda que sen a efectividade doutros días. Jony en posición de pivot enviaba ó pau, Mikel topábase coa cruceta nun trallazo lonxano, e Luis era suxetado por detrás nun man a man co porteiro, coa conseguinte falta pero sen ningún tipo de amonestación para o contrario(*).
No minuto dezaoito rómpese o encontro. Falta sinalada por un encontronazo totalmente fortuito e o 3-1 no saque estratéxico da mesma. Hugo esvara ó defender, Luis e Remo estáticos...e gol sinxelo ante un despropósito de defensa.
Non soubemos ir ó descanso con este marcador, e para afondar na ferida regalamos o cuarto. Falta favorable a escasos oito segundos do final, tiro directo que detén sen problemas o porteiro, saque en longo que non acerta a despexar Jorge, e gol case sen angulo que non poden evitar nin Lito nin Santi. 4-1 a falta de dous segundos.
O descanso non aclarou moito as ideas na S.D. Pazos, quen saiu a por todas e se deu de bruces cun novo erro case ó empezar.
Mal entendemento entre Bizza e Hugo nun balón longo, e o 5-1 no min. tres a porta valeira.
O ímpetu atolado dos vermellos á hora de atacar, desembocou nun contragolpe de libro que establecía o 6-1, min. seis.  
Sobrou case o resto do tempo, un querer e non poder por parte dos nosos, e un rival que agardaba con paciencia o seu momento. Bizza evitaría con dous paradóns unha maior sangría, e o meta local unha vez, e o brazo de I. Socastro noutra, abortarían sendos remates de Luis para recurtar distancias.
Santi tirando de casta anotaría o que sería o definitivo 6-2 no min.dez. De ahí ata o final  só ganas contra experiencia.
Non puido ser, e agora a tarefa de clasificarse para a seguinte rolda pasa por vencer ó xigante O´Parrulo F.S., case nada.
Gañas e compromiso non van faltar, iso seguro.
*Inexplicable esta acción, Luis encara ó meta nunha ocasión clara e manifesta de gol, é suxeitado por un rival coas duas mans e sen intención de desputar o balón, o colexiado sinala a falta pero non amonesta o infractor, ante as queixas dos nosos, o colexiado principal argumenta que non e o derradeiro xogador, que neste caso este é o porteiro.
   
 
         
 
 

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Son aficionado da S.D.Pazos e trato de ir ós partidos, pero vendo as actuacións arbitrais nesta copa quitanseme as ganas. Lamentable a prepotencia dos árbitros do primer partido ademáis de ser nefastos para os dous equipos. E que decir dos desta semana, case non se xogou polas continuas perdas de tempo en inexistentes falTas do numero nove do Troula, as cales non se pitaban pero tampouco lle supuñan sanción ó xogador. Do agarrón a Luis sen comentarios...se queren una copa seria que empecen polo primordial. Si conxuntos de 1 div,de segunda, campeóns autonómicos..pero tamén colexiados de nivel que pa eso cobran o que cobran. MOITO ANIMO CHAVALES

Anónimo dijo...

e AS TARXETAS SO TIVERON UNHA COR!!! VERMELLO VERMELLO !!!! UNHA VERGONZA, AINOS QUE NIN OS INFANTIS PODERÍAN ARBITRAR

Anónimo dijo...

Tongo tongo, asi perde sentido a competicion