Vistas de página en total

domingo, 20 de octubre de 2013

LEIS PONTEVEDRA F.S. 1 - 2 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Onte sábado os pupilos de Marcelo lograron sacar os tres puntos do municipal de Ponteveda. Un encontro tenso e emocionante, no que como era lóxico ante a entidade do rival, houbo que sufrir ata o final.
O quinteto incial estivo formado por: Jorge-José-Hugo-Luis e Jony, no banco: Bizza, Remo, Lito, Borja e Mikel. Santi non puido xogar ó non recuperarse das molestias que arrastrou durante toda a semana.
Marcelo plantexou o encontro cos nosos agardando en media pista, defendendo, e tentando aproveitar erros do rival. O Leis pola sua banda dominaba o esférico e o terreo, pero sen chegar a inquedar realmente a Jorge. Combinaban con calidade os pontevedreses, con profundidade, aínda que desconfiados, sabedores de que podían pagar cara algunha imprecisión na circulación. Ese "medo" a perder a bola dos locais e o excesivo celo de gardar a porteria dos nosos, fixo que os porteiros apenas tiveran traballo nos primeiros vinte minutos.
Destacar si cabe, unha segura intervención de Jorge, varios disparos próximos á meta por parte do Leis, e duas paradas meritorias de Chenlli a tiros de Luis e Mikel.
Na segunda metade mesmo guión pero maior eficacia dos visitantes. Aumentaron a presión os de Marcelo, facendo do choque un escenario moi incomodo para os da casa.
José  puxo a proba a Chenlli nos primeiros compases, e R. Jimenez desviaba na área pequena un perigoso remate de Jony. Tras un saque de banda en media pista a S.D. Pazos inauguraba o marcador, min. tres.
Saca Luis cara José, que devolve de primeiras, vaise en banda o dez vermello e combina con Jony, pase da morte deste dende o corner, e Luis anota baixo paus, 0-1.
O Leis vólcase a polo empate e nunha boa saída de presión de José, Luis volve probar a un acertado Chenlli. Vendo que os de Pazos estaban cada vez mais cómodos, o técnico pontevedrés trata de variar o escenario introducindo o porteiro-xogador a falta de trece minutos.
No primeiro ataque dos locais o 0-2. Asfixia Hugo en corner propio quedándolle a bola a Luis, este lévaa por riba dun rival, atravesa o campo, e define ante o porteiro-xogador.
Mais dúbidas nos da casa, que seguiron o resto do encontro co xogo de cinco. Sen crear perigo nos ataques, cada erro era un clara ocasión para os nosos. Lito de tiro lonxano e sobretodo Borja nunha acción na que eleva por enriba de Chenlli que toca claramente coa man fora da área, amenazan con finiquitar o encontro.
Mellorou o conxunto local co paso dos minutos e co desgaste vermello, pero entón apareceu Bizza. Cada ocasión do Leis á que non chegaba a nosa defensa alí estaba o meta da S.D. Pazos, nun fenomenal estado de forma.
Os pontevedreses non encontraban porta e Luis gozou doutra boa ocasión, rouba en defensa e vaise cara o porteiro-xogador, o cal, con moita fortuna, salva a ocasión. A falta de cinco minutos o 1-2, gran acción esta que remata co gol de Barcala ó segundo pau. Quedaba sufrir para gañar, e así se fixo.
Hugo tapando todo en defensa, Lito na incansable presión, José, Borja...Bizza, desgate máximo.
Cando mais apretaba o Leis volven a intimidar os vermellos, enésimo roubo, e Luis dispara de campo a campo índose fora por moi pouco.
No derradeiro suspiro o Leis gozaría dunha inmellorable ocasión que tamén iría fora por milímetros.
Bo espectáculo o vivido, cun Leis Pontevedra F.S. primer clasificado ata onte, que quixo gañar, pero que se atopou cunha S.D. Pazos Fútbol Sala empeñada en que non fose así.
A próxima semana visita o municipal de Pazos o novo líder da categoría, o I.e.s. Coruxo F.s.; deixándose a pel como onte de seguro se dará guerra.
   

 


No hay comentarios: